DOCUMENTOS

Neste apartado recompílanse todo tipo de escritos, manifestos, comunicados ou notas de prensa, desenrrolados pola Asociación de Veciños Raigame e publicados neste blogue:

26 de Febreiro do 2018
Aniversario de Rosalía de Castro 2018
"Tal e como informamos hai uns días, o pasado sábado 24 de febreiro do 2018, a Asociación de Veciños Raigame celebrou, na céntrica Praza de Vigo, un íntimo acto no que se conmemoraría o nacemento de Rosalía de Castro neste recuncho da cidade e se rendiría unha pequena pero sentida homenaxe a esta nosa ilustre e luminosa musa das letras"

23 de Febreiro do 2018
As raigames do Ensanche
"De seguro que o noso barrio do Ensanche non acadaría premio algún de arquitectura e, posiblemente, tampouco de urbanismo. Un arrabalde trazado e feito "a cordel" como diría un coñecido arquitecto picheleiro"

25 de Novembro de 2014
Veciños e responsables municipais analizan os problemas da cidade
"O noso presidente Xaquín Mato vén de participar xunto con outros representantes veciñais, políticos e técnicos locais, nun foro promovido por La Voz de Santiago e Radio Voz, e celebrado no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, co obxectivo de analizar e debater encol dos diferentes problemas, as carencias e as principais necesidades que afectan a boa parte da cidadanía compostelá".

20 de Novembro de 2014
Xuntanza co Alcalde de Santiago, Agustín Hernández
Froito da petición formulada por Santiago Centro Área Comercial e a Asociación Veciñal Raigame o dia 8 de outubro do 2014, fomos convocados o pasado dia 12 de novembro polo actual alcalde para tratar a suposta "peonalización" da Rúa Carreira do Conde e a urbanización da Rúa Montero Ríos.

11 de Outubro de 2014
Comercio e veciños do Ensanche piden unha entrevista co Alcalde
A preocupación medra entre comerciantes e veciños do Ensanche, que presentaron o pasado día 8 de outubro un escrito conxunto solicitando unha entrevista co actual rexedor compostelán para trasladarlle a súa sorpresa sobre dos acordos adoptados relativos á peonalización da Rúa Carreira do Conde e a urbanización da Rúa Montero Ríos.

2 de Setembro de 2014
Raigame reúnese co novo rexedor compostelán
Agustín Hernández, acompañado do concelleiro de Relacións Veciñais e Medio Rural, José Rosende, recibiu, onte dia 1 de setembro, a membros da directiva da nosa Asociación, encabezados polo presidente Xaquín Mato.

27 de Marzo de 2014
Manifesto por unha sanidade pública
O pasado 28 de Febreiro do presente ano 2014, un bo número de asociacións veciñais urbanas de Compostela, entre elas Raigame, asinaron un manifesto, a prol da sanidade pública, para achegar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ó Concello de Santiago a súa preocupación ó respecto.



Ningún comentario: