UN FUTURO PARA O NOSO ENSANCHE

Co ánimo de sumar esforzos, a Asociación RAIGAME asume a responsabilidade de dar voz a toda a veciñanza presente no noso barrio para así elaborar un Futuro para o noso Ensanche.

Unha folla de ruta que nos conduza a un barrio no que sentirse ben. Un barrio limpo e saudable. Agarimoso con quen nos visite e no que todas as persoas que nel vivimos e que nel traballamos nos sintamos orgullosas de pertencer a el.

Así o decidimos o pasado día 5 de xullo de 2018 na reunión celebrada no Aeroclub de Santiago de Compostela.

Para poder alcanzar esta meta, dividimos o traballo en catro grandes áreas e que son as seguintes:

Nunha primeira fase, imos traballar detectando eivas e aportando novas ideas. Para elo están dispoñibles unha ficha por cada área de traballo na que cada  quen pode ir propoñendo o que considere (fai click na área correspondente). Toda a información recibida irase publicando na nosa web como "Un futuro para o noso Ensanche".

Xa para o mes de outubro de 2018, celebraremos charlas públicas con persoal técnico en cada unha das áreas para así ir dándolle forma e artellando solucións sobre a información recibida.

Para febreiro de 2019 poderemos xa presentar publicamente un UN FUTURO PARA O NOSO ENSANCHE.

Animámosvos a participar para que entre todos construamos o noso propio futuro como barrio.

AVV RAIGAME


ÁREA DE URBANISMO

Pasos de cebra elevados, tablóns de anuncios nas rúas, máis flores e plantas nas rúas, evitar oríns nas entradas dos edificios e dos comercios, reducir a velocidade dos coches a 30Km/h, evitar pintadas e suciedades nas entradas e portas dos garaxes, evitar a suciedade nos locais non alugados.

No hay comentarios: