Hai uns meses o presidente da UPTA Unión de Profesionais, Traballadoras e Traballadores Autónomos alertaba moi seriamente das consecuencias do peche de máis de 100 comercios nos últimos 17 meses en Santiago de Compostela. Este decembro de 2025 dixeron adeus dúas tendas máis nas rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador, o que parece ser unha tendencia moi preocupante con consecuencias dramáticas non só para os profesionais, que deben buscar outro sustento económico, senón para toda a cidade.
Pero os males
nunca veñen sós, e coma se dunha casualidade macabra se tratara, ao ritmo que
pechan as tendas do comercio local van abrindo negocios de apostas e xogos
online ocultándose incluso detrás de licenzas de cafetarías.
Onde se instalan os locais de xogo? Programa O Termómetro da
TVG
Pero non é casualidade que nos
últimos meses aumentaran este tipo de negocios, precisamente na parte da Zona
Nova onde os baixos son máis baratos; segunda liña, que din as axencias
inmobiliarias.
Así é que hoxe temos 8 negocios de apostas no Ensanche compostelán e 7 negocios
de compra de ouro. Todo un síntoma do nivel de renda deste barrio e de toda a
cidade. Síntoma que percibimos tanto a veciñanza coma o comercio local.
Ante esta situación, por parte da Alcaldía do Concello de Santiago só percibimos anuncios de apoio baleiros sen medidas reais concretas mentras o barrio e a cidade se desangran lentamente. Coma se as
nosas autoridades non viran outra cura que a morfina para tratar unha
hemorraxia.


Ningún comentario:
Publicar un comentario