24 de xaneiro de 2019

Conclusións da Mesa Redonda. "O alcohol: unha cuestión de orde pública e de saúde pública"


Traballando para convivir e poder durmir.

Onte xoves 24 de xaneiro celebrouse a mesa redonda convocada por RAIGAME e denominada “O alcohol: unha cuestión de orde pública e de saúde pública” na que estiveron presentes Sergio Fernández, secretario da Asociación Hostalería Compostela, o axente Neo do Grupo de Participación Cidadá da Policía Nacional, a inspectora Diana Parente da Policía Local, Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Saúde en calidade de responsable da UMAD.
No salón de actos do Centro Cívico déronse cita preto de 70 veciños e veciñas do Ensanche para participar nesta mesa redonda.


O representante do sector da hostalería mostrouse preocupado pola situación do consumo de alcohol na rúa e fixo fincapé en que a hostalería da cidade é a máis interesada en que isto non suceda e mostrou a súa disposición para arranxar esta situación. Tamén comentou a problemática existente co suposto consumo de alcohol entre os menores dentro dos locais de ocio e comprometeuse a comunicar a necesidade dun maior control  por parte dos responsables dos establecementos para non ter que expoñerse a cuantiosas multas ou incluso o peche do local.

A representante da Policía Local expuxo a labor de concienciación que se fai nas escolas pero recoñeceu o baixo número de axentes existentes que trae como consecuencia menos patrullas policiais  para atender todas as demandas que se producen. E que cando chegan ao lugar dos incidentes, fano tarde. Pese a todo, van tratar de coordinar accións concretas de intervención policial en coordinación coa Policía Nacional para identificar, sancionar e disolver as concentracións de persoas que beban alcohol na rúa ou actúen do forma incívica.

O representante da Policía Nacional tamén falou do baixo número de efectivos dispoñibles na Comisaría de Santiago pero así e todo van colaborar con outros grupos policiais para realizar controis puntuais en determinadas rúas conflitivas do Ensanche para identificar e sancionar a toda persoa que beba alcohol na rúa. Tamén recoñeceu e lamentou que dende este corpo policial non se puidera dar unha rápida resposta ante as denuncias de “menudeo” de drogas e venda de bebidas alcohólicas a menores ou fora do horario legal.

A concelleira de Políticas Sociais e Saúde do Concello de Santiago expuxo os datos cos que se traballa dende a UMAD relativos ao consumo de alcohol entre menores de idade que evidencian o consumo de alcohol de 1 de cada 3 rapaces como algo habitual á hora de divertirse en momentos de ocio e que tamén 1 de cada 3 se emborrachara no último mes. Estes datos de Santiago de Compostela son similares aos de Galicia e por debaixo da media española.
Tamén falou das accións e programas alternativos de ocio para a xuventude que supuxeron nunha alternativa cultural ao alcohol.

Algunhas veciñas manifestaron a súa visión da situación en rúas como Alfredo Brañas e Santiago de Chile e a súa preocupación por non poder durmir ante as concentracións de persoas que bebendo alcohol nas rúas se comportan de xeito incívico cos locais comercias, cos portais das vivendas ou co mobiliario urbano. Tamén expuxeron a súa preocupación polo risco que supón a velocidade excesiva de algúns coches a altas horas da madrugada.

Como conclusión, todos os participantes na Mesa Redonda comprometéronse a manter unha canle de comunicación cos veciños  para que a través da Asociación RAIGAME se lle fagan chegar todos os incidentes e puntos conflitivos no barrio e poder así actuar a demanda e con previsión de efectivos policiais.

Os datos de contacto da Asociación de Veciños RAIGAME son:
e-mail: aavvraigame@gmail.com             teléfono: 981592595

22 de xaneiro de 2019

Deixa a wifi e vén xogar á chave

Todos os sábados de 17 a 19 horas estaremos tirando uns pellos ao pé do Cruceiro de Ramírez xunto coa Asociación de Xogadores da Chave de Santiago de Compostela.


Con elo e con outras moitas actividades, en colaboración co tecido asociativo da cidade, tentaremos dinamizar e darlle vida ao barrio todos os sábados creando lugares de convivencia.

Ánímate, colabora e desfruta.











O alcohol: unha cuestión de orde pública e de saúde pública

O consumo de alcohol en plena rúa está a causar problemas graves de convivencia no noso barrio. Un problema que se repite periodicamente e que nos últimos meses estase concentrando en determinadas rúas coa conseguinte indignación da veciñanza, non só polos ruídos se non tamén polos danos que se causan nas vivendas, nos locais comerciais e no mobiliario urbano público.
Dende RAIGAME entendemos que esta situación non debe continuar por máis tempo e se lle debe dar unha solución inmediata pero tamén entendemos que non é máis que un síntoma dunha "doenza social" máis grave. Detrás dela está a banalización do consumo de alcohol que leva a que a xuventude acceda a el a idades cada vez máis temperás e que hoxe xa está nos 13 anos e baixando.



Polas experiencias doutras cidades e países e polo traballo dos expertos, entendemos que a solución pasa pola implicación de toda a sociedade, tanto das forzas de orde públicas coma do sector da hostalería, das distintas administracións con competencias na materia, das nais e pais, dos centros educativos e da veciñanza. Traballando man a man cos profesionais na materia para que entre toda a sociedade lle podamos poñer remedio.
Por elo, decidimos convidar a todos os axentes socias a unha mesa redonda que terá lugar o vindeiro xoves 24 de xaneiro ás 20:30 horas no Centro Cívico do Ensanche e na cal participarán:
un representante do grupo de Participación Cidadá da Policía Nacional, unha representante da Policía Local, a Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, o secretario da Asociación Hostalería Compostela, un representante dunha ANPA e a Asociación de Veciños RAIGAME como moderadora da mesa.







7 de xaneiro de 2019

Novo Xornal de Raigame "Vivindo O Ensanche 2019"

Nova publicación do Xornal de Raigame  "VIVINDO O ENSANCHE 2019"
Xa está na rúa a ultima edición do noso esperado xornal. Descarga o teu exemplar ou solicítao en calquera establecento do Ensanche. Tamén podes solicitalo escribíndonos a aavvraigame@gamil.com.


11 de novembro de 2018

A nosa gran Festa Vivindo O Ensanche 2018


Venres 21 de setembro de 2018. 
Mesa redonda "Rosalía de Castro no seu barrio natal"
Coa participación de Anxo Angueira, Branca Novoneyra, Juan Lema e Xaquín Mato


Sábado 22 de setembro de 2018
Final do Torneo de Xadrez das Oito Sedes.


Simultáneas co vixente campión galego de xadrez Fernando Sánchez Aller na Praza Roxa



 A Orquestra Pantasma fixo desfrutar a cativos e maiores.




 Non hai festa sen polbeiro!!


 Os máis pequenos xogaron e pasárono en grande 




 Exhibición de Carver Surf Skates a cargo de Core Surfing




 Exhibición de golf a cargo de Hoyo 0





Por último sorteamos 10 cheques de 100€ para mercar nos 48 comercios colaboradores.




13 de setembro de 2018

Vivindo O Ensanche 2018

O día 22 de setembro temos a nosa Festa "Vivindo O Ensanche 2018". Celebramos que somos un barrio cheo de vida porque, se hai algo que fai grande a unha cidade, somos as persoas que nela vivimos e as boas relacións que haxa entre nós.
Ven ao Ensanche e vai "de rúa en rúa". Descubre o que teñen para ti os establecementos colaboradores. Participa no "Torneo de Xadrez das 8 Sedes" ou no Obradoiro de Prensa para Escolares. Asiste á mesa redonda sobre "Rosalía no seu barrio natal" e o sábado 22 achégate á Praza Roxa a disfrutar da música, os xogos populares, a final do Torneo de Xadrez, ás exhibicións deportivas e do polbo á feira. E como traca final...ás 19h asiste ao sorteo de 10 cheques de 100€ para comprar nos establecementos colaboradores. Se queres participar ou ter máis información, escríbenos a: aavvraigame@gmail.com

De "Rúa en Rúa". Visita os establecementos do Ensanche e descubre quen é o persoeiro que lle dá nome á túa rúa. Poderás gañar un cheque de 100€ de compras no Ensanche. O día 22 de setembro ás 19h , na Praza Roxa, sorteamos 10 cheques de 100€ entre todas as persoas que estean presentes ese día e cubriran correctamente o cuestionario de 5 preguntas que poderedes solicitar, dende o luns 17, en todos os establecementos colaboradores. Tamén podedes acceder á na nosa páxina de Facebook e cubrilo on-line a partir do luns 17.  
O coñecemento do teu barrio ten premio. Hai máis de 1.000€ en compras!!!

"Torneo de Xadrez das 8 sedes". Inscríbete en aavvraigame@gmail.com e participa. Gran Final o día 22 de setembro na Praza Roxa.

Esperámoste o día 22 de setembro na Praza Roxa. Haberá música, xogos, exhibicións deportivas e...polbeiro!!!!

4 de setembro de 2018

Visita do Alcalde ás obras da Avd de Vilagarcía

RAIGAME acompañou ao Alcalde Martiño Noriega, ao Concelleiro Rafael Peña e ao técnico municipal durante a visita que realizaron ás obras da Avd de Vilagarcía.
Interesámonos pola situación das obras e poidemos comprobar que transcurrían según o previsto esperando rematen antes do Nadal.
Temos o compromiso que o monolito que conmemora o nacemento de Rosalía de Castro quede fora do peche do parque infantil e poida ser admirado pola veciñanza e persoas que nos visiten.