Tera lugar do 8 ao 12 de maio de 2019 na Praza Roxa e na Praza da Quintana así coma en varios locais de hostalería da cidade.
Primavera Jazz 2019 é froito da ilusión e da colaboración do tecido asociativo da cidade. Un festival de Jazz auténticamente picheleiro feito en clave de cidade no que a Asociación de Veciños RAIGAME xunto coa Asociación Cultural Cidade Vella unen os seus esforzos para darlle vida.
30 de abril de 2019
21 de febreiro de 2019
Caldo de Gloria no Ensanche máis picheleiro
Estes son algúns dos restaurantes e cafeterías do Ensanche compostelán nos que poderás desfrutar dun sabedor Caldo de Gloria para quentar o espírito este mes de febreiro.
A Rosaleda (Praza Puente Castro)
https://m.facebook.com/story. php?story_fbid= 1885472018229646&id= 275180452592152
Galopín (rúa Fernando III)
https://www.facebook.com/ 287470841275245/posts/ 2205963242759319?sfns=mo
Krystal (Praza Roxa)
La Alacena de Cris (rúa Pintor Juan Luis-A Pontepedriña)
https://www.instagram.com/p/ BuBnvWhnfbP/?utm_source=ig_ share_sheet&igshid= 1i2yqflabh2tm
La Codorniz (rúa Alfredo Brañas)
Triskel (rúa Frei Rosendo Salvado)
https://www.facebook.com/ 203322743449626/posts/ 618451061936790?sfns=mo
Dende a AVV RAIGAME queremos conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro no Ensanche compostelán hai xa 182 anos na actual Praza de Vigo. Por elo, convidamos a toda a hostalería do Ensanche e de Conxo a ofrecer o Caldo de Gloria ben sexa en tapa ou no menú durante a semana do 18 ao 24 de febreiro de 2019.
Este Caldo de Gloria é o noso típico Caldo Galego nas súas variantes e cuio nome ven dado polo poema "Miña casiña meu lar" publicado en 1880 no libro "Follas Novas".
A Rosaleda (Praza Puente Castro)
https://m.facebook.com/story.
Galopín (rúa Fernando III)
https://www.facebook.com/
Krystal (Praza Roxa)
La Alacena de Cris (rúa Pintor Juan Luis-A Pontepedriña)
https://www.instagram.com/p/
La Codorniz (rúa Alfredo Brañas)
Triskel (rúa Frei Rosendo Salvado)
https://www.facebook.com/
Dende a AVV RAIGAME queremos conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro no Ensanche compostelán hai xa 182 anos na actual Praza de Vigo. Por elo, convidamos a toda a hostalería do Ensanche e de Conxo a ofrecer o Caldo de Gloria ben sexa en tapa ou no menú durante a semana do 18 ao 24 de febreiro de 2019.
Este Caldo de Gloria é o noso típico Caldo Galego nas súas variantes e cuio nome ven dado polo poema "Miña casiña meu lar" publicado en 1880 no libro "Follas Novas".
Pequenos e maiores rinden homenaxe a Rosalía no seu lugar de nacemento
Venres 22 de febreiro de 2019, ás 12 da mañá.
Achégase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no lugar que antes foran predios do antigo Concello de Coxo e hoxe é a actual Praza de Vigo no Ensanche compostelán.
Achégase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no lugar que antes foran predios do antigo Concello de Coxo e hoxe é a actual Praza de Vigo no Ensanche compostelán.
Será unha data que imos celebrar como ben merece Rosalía.
Alí darémonos cita, este venres 22 de febreiro ás 12 da mañá, o alumnado de primaria dos colexios CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios e San Xosé de Cluny para lle rendir homenaxe a Rosalía coa lectura dalgúns dos seus poemas. Acompañaranos tamén a Asociación AGADEA que lle porá voz ás lembrazas que os nosos maiores teñen da antiga casa na que naceu a escritora.
![]() |
| Casa natal de Rosalía no Camiño Novo. Conxo 1917. Actual Praza de Vigo |
Alí darémonos cita, este venres 22 de febreiro ás 12 da mañá, o alumnado de primaria dos colexios CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios e San Xosé de Cluny para lle rendir homenaxe a Rosalía coa lectura dalgúns dos seus poemas. Acompañaranos tamén a Asociación AGADEA que lle porá voz ás lembrazas que os nosos maiores teñen da antiga casa na que naceu a escritora.
Como arrancadeira desta celebración e aproveitando a visita a Compostela de María Xesús Lama, premio Nacional de Ensaio 2018, o sábado 26 de xaneiro ás 12 da mañá no Centro Cívico do Ensanche falaranos das súas achegas á biografía da nosa escritora como muller comprometida.
Falaranos de Rosalía de Castro e do seu lugar de nacemento. Pero tamén nos dirá que foi unha muller comprometida coa sociedade do seu tempo, independente e defensora da liberdade, da igualdade e da xustiza social. Aspectos novidosos da súa figura e que constitúen as achegas máis importantes que María Xesús Lama fai no seu libro "Rosalía de Castro. Cantos de Independencia e Liberdade". Libro que a fixo merecedora do "Premio Fervenzas Literarias 2017" e do Premio Nacional de Ensaio 2018.
O luns 28 de xaneiro visitará os colexios CPR Plurilingüe San Xosé de Cluny e o CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios. Falaralle ao alumnado da figura de Rosalía de Castro e do seu lugar de nacemento para que despois fagan un traballo didáctico que rematará o venres 22 de febreiro coa lectura pública de varios dos seus poemas diante do monolito que conmemora o seu nacemento a carón da Praza de Vigo.
María Xesús Lama (Lugo 1964) estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica
na USC. Doctora pola Universidade de Barcelona no 2002, na actualidade é profesora titular de Literatura Galega nesta Universiade.
19 de febreiro de 2019
Amancio Prada canta a Rosalía
Este sábado 23 de febreiro de 2019, ás 21 horas na Igrexa de San Fernando do noso Ensanche Compostelán, En compaña de violonchelista Rafael Domínguez, Amancio Prada ofreceranos un inesquecible tributo á nosa máis senlleira veciña.
Programa:
Programa:
- Como chove miudiño
- Pra A Habana
- Airiños, airiños, aires
- Campanas de Bastabales
- Paseniño, paseniño
- ¿Que pasa arredor de min?
- Corre o vento, o río pasa
- Vamos bebendo
- Cando era tempo de inverno
- A xusticia pola man
- Adivínase el dulce y perfumado
- Maio longo, maio longo
- Ya que de la esperanza
- Quen non xime?
- Un repoludo gaiteiro
- Algúns din: !Miña Terra!
- Negra sombra
- Adios ríos, adios fontes
Amancio Prada: música, voz e guitarra
Rafael Domínguez: violonchelo
12 de febreiro de 2019
Ven tocar a Alborada a Rosalía
O vindeiro domingo 24 de febreiro de 2019 ás 11 da mañá convidamos a toda a veciñanza da cidade a tocar e cantar a alborada no seu lugar de nacemento na actual Praza de Vigo (futura Praza de Rosalía de Castro) para celebrar o 182 aniversario da nosa máis universal escritora.
24 de xaneiro de 2019
Conclusións da Mesa Redonda. "O alcohol: unha cuestión de orde pública e de saúde pública"
Traballando para convivir e poder durmir.
Onte xoves 24 de xaneiro celebrouse a mesa redonda convocada por RAIGAME e
denominada “O alcohol: unha cuestión de orde pública e de saúde pública” na que
estiveron presentes Sergio Fernández, secretario da Asociación Hostalería
Compostela, o axente Neo do Grupo de Participación Cidadá da Policía Nacional,
a inspectora Diana Parente da Policía Local, Concha Fernández, concelleira de
Políticas Sociais, Saúde en calidade de responsable da UMAD.
No salón de actos do Centro Cívico déronse cita preto de 70 veciños e
veciñas do Ensanche para participar nesta mesa redonda.
O representante do sector da hostalería mostrouse preocupado pola situación
do consumo de alcohol na rúa e fixo fincapé en que a hostalería da cidade é a
máis interesada en que isto non suceda e mostrou a súa disposición para
arranxar esta situación. Tamén comentou a problemática existente co suposto consumo
de alcohol entre os menores dentro dos locais de ocio e comprometeuse a
comunicar a necesidade dun maior control por parte dos responsables dos establecementos
para non ter que expoñerse a cuantiosas multas ou incluso o peche do local.
A representante da Policía Local expuxo a labor de concienciación que se
fai nas escolas pero recoñeceu o baixo número de axentes existentes que trae
como consecuencia menos patrullas policiais para atender todas as demandas que se
producen. E que cando chegan ao lugar dos incidentes, fano tarde. Pese a todo,
van tratar de coordinar accións concretas de intervención policial en
coordinación coa Policía Nacional para identificar, sancionar e disolver as
concentracións de persoas que beban alcohol na rúa ou actúen do forma incívica.
O representante da Policía Nacional tamén falou do baixo número de
efectivos dispoñibles na Comisaría de Santiago pero así e todo van colaborar
con outros grupos policiais para realizar controis puntuais en determinadas
rúas conflitivas do Ensanche para identificar e sancionar a toda persoa que
beba alcohol na rúa. Tamén recoñeceu e lamentou que dende este corpo policial
non se puidera dar unha rápida resposta ante as denuncias de “menudeo” de
drogas e venda de bebidas alcohólicas a menores ou fora do horario legal.
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde do Concello de Santiago expuxo
os datos cos que se traballa dende a UMAD relativos ao consumo de alcohol entre
menores de idade que evidencian o consumo de alcohol de 1 de cada 3 rapaces
como algo habitual á hora de divertirse en momentos de ocio e que tamén 1 de
cada 3 se emborrachara no último mes. Estes datos de Santiago de Compostela son
similares aos de Galicia e por debaixo da media española.
Tamén falou das accións e programas alternativos de ocio para a xuventude que
supuxeron nunha alternativa cultural ao alcohol.
Algunhas veciñas manifestaron a súa visión da situación en rúas como
Alfredo Brañas e Santiago de Chile e a súa preocupación por non poder durmir
ante as concentracións de persoas que bebendo alcohol nas rúas se comportan de
xeito incívico cos locais comercias, cos portais das vivendas ou co
mobiliario urbano. Tamén expuxeron a súa preocupación polo risco que supón a
velocidade excesiva de algúns coches a altas horas da madrugada.
Como conclusión, todos os participantes na Mesa Redonda comprometéronse a
manter unha canle de comunicación cos veciños para que a través da Asociación RAIGAME se lle
fagan chegar todos os incidentes e puntos conflitivos no barrio e poder así
actuar a demanda e con previsión de efectivos policiais.
Os datos de contacto da Asociación de Veciños RAIGAME son:
e-mail: aavvraigame@gmail.com teléfono: 981592595
22 de xaneiro de 2019
Deixa a wifi e vén xogar á chave
Todos os sábados de 17 a 19 horas estaremos tirando uns pellos ao pé do Cruceiro de Ramírez xunto coa Asociación de Xogadores da Chave de Santiago de Compostela.
Con elo e con outras moitas actividades, en colaboración co tecido asociativo da cidade, tentaremos dinamizar e darlle vida ao barrio todos os sábados creando lugares de convivencia.
Ánímate, colabora e desfruta.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
















