16 de febreiro de 2022
Semana de Rosalía - Convite á rolda de prensa na que se comunicará aos medios os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela
16 de novembro de 2021
Merecido homenaxe a Rafael Silva, fundador da librería Follas Novas
Artigo no Correo Galego
Reportaxe no telexornal da RTVG
25 de outubro de 2021
FOLLAS NOVAS
1971-2021
Cincuenta anos no Ensanche!
Homenaxe a don Rafael Silva (1937) fundador da libraría Follas Novas hai 50 anos
Data : martes 9 de novembro 2021 ás 20:00 horas
Onde : Salón de actos do Centro Sociocultural O Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16
Aforo limitado, inscrición ata o día 5 de novembro no correo electrónico aavvraigame@gmail.com ou no Centro Sociocultural do Ensanche, teléfono 981 543 001
Programa
20h.- Benvida e presentación a cargo de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Veciños Raigame.
20.15h. Conferencia de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Follas Novas: Rosalía no Ensanche (Campos de Cornes, Cruceiro de Ramírez...)
21.00h Xaquín Mato, presidente de honra de Raigame, entrega unha placa de recordo a Rafael Silva Costoyas, fundador e propietario da libraría Follas Novas, un símbolo do Ensanche.
21.10h. Agradecementos e despedida.
5 de outubro de 2021
O 27 DE SETEMBRO DE 1960, OS PROPIETARIOS DAS CASAS DE RAMÍREZ RECIBIRON AS CHAVES DAS SÚAS VIVENDAS.
O 27 de setembro de 1960, ao pé deste cruceiro, os propietarios das Casas de Ramírez recibiron as chaves das súas vivendas. Sesenta e un anos despois desde a Asociación de Veciños Raigame, en colaboración co Centro Socio Cultural O Ensanche, quixemos lembrar a efeméride, con Xaquín Mato e Agustín Pena representando á Asociación. O cruceiro é o segundo -máis é o orixinal do acto- logo de que o primeiro, inmortalizado por Rosalía, rematase instalado na praciña de San Fiz de Solovio.
21 de xuño de 2021
MANIFESTO DAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA A REFLEXIÓN SOBRE A MELLORA DA XESTIÓN INTEGRAL DA AUGA E A GARANTÍA DE ACCESO
As Asociacións Veciñais de Santiago de Compostela abaixo asinantes manifestan:
1. Que a auga é un recurso esencial para a vida humana e o planeta.
2. Que o acceso á auga e ao saneamento foi declarado pola ONU no ano 2010 como un dereito humano e polo tanto os poderes públicos deben garantir a universalidade e accesibilidade a este recurso para toda persoa con independencia da súa situación económica e do lugar onde viva, evitando a falla de subministro por motivos económicos ou sociais.
3. Como servizo esencial debería quedar á marxe de calquera operación de especulación. Debe responder a parámetros de sustentabilidade ambiental e debe ser prestado de forma eficaz, garantindo, ao mesmo tempo, que os beneficios da actividade retornen á sociedade, para mellorar o servizo e mellorar a calidade da auga que se devolve ao medio ambiente.
4. Que a auga é tamén un elemento fundamental para o desenvolvemento económico e social e fonte de enerxía para as actividades humanas.
5. Que a xestión da auga no noso municipio leva en mans privadas desde 1971, estando o actual contrato vixente desde 1985 con sucesivas prórrogas. A xestión e a súa falta de control por parte do Concello de Santiago foi cuestionada nun informe do Consello de Contas de Galicia xa no ano 2003. En dito informe cuestionábanse, fundamentalmente, as sucesivas prórrogas outorgadas a empresa concesionaria. Por todo elo, solicitamos unha auditoría externa imparcial sobre a xestión da auga en Santiago de Compostela.
6. Que despois de todo este tempo, o déficit de infraestruturas de abastecemento e saneamento é moi elevado así como a ausencia de adaptación á normativa europea. É de destacar a falta de servizos no rural e a necesidade de mellora das poucas que existen. Urxe avaliar e facerlle fronte a necesidade de renovación da rede de subministro e saneamento en moitos barrios e parroquias cun duplo obxectivo; que chegue a todos os núcleos poboacionais do concello, xa todos temos os mesmos dereitos, e que tamén permita unha mellora na calidade da auga e unha redución do impacto ambiental.
7. Que o tecido asociativo veciñal de Santiago como elemento vivo e con capacidade de pulsar o sentir e necesidades de Compostela, quere contribuír á reflexión e a busca de solucións para aqueles retos que debemos afrontar colectivamente.
En base a todo o anterior, consideramos urxente unha reflexión pública e transparente coa cidadanía sobre o modelo de xestión, discusión que, por outra parte, estase a facer en moitos outros lugares.
Entendemos que debemos debatir abertamente sobre a conveniencia ou non de que a xestión do servizo integral da auga en Santiago de Compostela continúe en mans privadas ou se deberíamos camiñar cara a un modelo de xestión pública da auga, antes de hipotecar por outros 25 anos máis, e ata 400 millóns de euros,ao Concello e a súa veciñanza.
Por todo o anterior solicitamos ao goberno municipal, e a todas as forzas políticas con representación no Concello de Santiago, que se articule e abra este debate para que se poida escoitar a voz dos composteláns.
Compostela, 30 maio de 2021
Asinantes :
FERUSA ( Federación de asociacións veciñais do rural de Santiago )
AV A Xuntanza
AV Santa Marta –Choupana
AV Casco Histórico
AV Raigame
AV de Coira
AV Camiño de Santiago de Bando
AV Alvaro Cunqueiro
AV Fonseca
AV Rego das Pedras de Marantes
AV do Castiñeiriño
AV As Marías
AV Plataforma de Galeras
AV Casa Agraria
AV Monte do Gozo de San Lázaro e Amio
AV Espazo Veciñal de Sar
AV de Enfesta
AV Conxo Aberto
AV Monte de Deus de Vite
12 de xaneiro de 2021
Cidadanía Solidaria
Nestes momentos no que moitas familias quedan sen ingresos e os pequenos comercios da cidade teñen que pechar as súas portas e facer frente aos soldos do seu persoal, é precisamente agora cando se fai máis necesario ca nunca a solidariedade entre nós e sobre todo dos propietarios dos pisos e locais comerciais. Apelamos ao lado máis humano das persoas que teñen na súa man rebaixar ou mesmo condonar os alugueres mentres dure esta situación de auténtica catástrofe económica e sanitaria.
Tamén esperamos que este acto de colaboración cidadá sirva de exemplo ás respectivas administracións tanto central, autonómica e local para que poñan canto teñan na súa man para que os próximos anos, que virán moi duros, poidan ser soportables.
http://www.lavozdegalicia.es/
ACOMPÁÑOTE
- Levarche algo a casa. Facerche a compra ou ir á farmacia.
- Xestionar o transporte aos servizos médicos ou acompañarte.
- Baixar o lixo.
- Solucionar dúbidas ou simplemente conversar.
- Non debo achegarme a menos de 2 metros
Carta de presentación para voluntari@s
Información oficial do SERGAS sobre o coronavirus
Protocolo de actuación da Rede Voluntaria "AXÚDOCHE"
- SERVIZO MÉDICO: Jesús Sueiro Justel. nº colexiado: 15/5.556. Telf: 609547147
- SERVIZO PSICOLÓXICO: Miguel Pérez Illodo. nº colexiado: G-06193. Telf.: 619208011
- SERVIZO ADMINISTRATIVO: Xosé Manuel Durán Orús. Presidente de AVV RAIGAME. Telf.: 607947795
- Email: aavvraigame@gmail.com
- Cruz Vermella: 900104971
- Teléfono de información para cidadáns sobre coronavirus: 900400116 (non chamar 061)
- Teléfono emerxencia grave: 061
- Teléfono de atención social do Concello de Santiago: 010




