23 de decembro de 2022

Que está a pasar co solar de Peleteiro? Entrevista en RadioVoz con Xosé Manuel Duran, presidente da Asociación

 



A Asociación Veciñal RAIGAME xunto coa Plataforma Veciñal por unha solución xusta para o solar de Peleteiro reclaman ao grupo de goberno e ao seu alcalde que se sente a falar para chegar a unha solución xusta o antes posible. Dende RAIGAME propoñemos unha mesa de diálogo na que estean presentes técnicos e representantes da propiedade, do concello e da nosa asociación. Cousa que sempre reclamamos.

20 de decembro de 2022

ECLIPSE VECIÑAL COAS SOMBRAS DE BUGALLO


Temos que recoñecer que todas e todos estamos cansos, uns máis que outros, pero todos estamos fartos desta situación. Ano tras ano, reunión tras reunión, plano tras plano...nin que fora unha carreira a ver quen se cansa antes e se rinde aceptando calquera cousa con tal de rematar con esta situación.

Pero non debemos esquecer que hoxe ese solar estaría en plena construción se non fose polo que aconteceu hai 4 anos e o seu responsable está hoxe de alcalde.

Daquela había consenso coa anterior propietaria do antigo solar de Peleteiro, había consenso co tecido asociativo e coa veciñanza pero o Sr. Bugallo o impediu e agora nolo pon outra vez enriba da mesa sen consenso coa propiedade (iso é o que nos quere facer crer) e sen consenso coa veciñanza coa inseguridade xurídica que iso supón.

Esta situación só se pode entender dende un conflito de intereses; por unha banda os intereses especulativos dun fondo de inversión que quere o máximo rendemento posible a costa do que sexa. Doutra, os intereses lexítimos da veciñanza que non está disposta a que lle quiten o sol para llo dar aos especuladores para que así poidan vender mellor e máis caros os pisos.

Os servizos técnicos municipais recoñeceron a súa incapacidade para dar cunha solución que contente a todas as partes. Os nosos técnicos sí que atoparon solucións pero foron rexeitadas por non ser do agrado dos propietarios. Estas solucións serían perfectamente rendibles pero para os especuladores todo é pouco. Polo tanto, a responsabilidade agora é dos nosos representantes municipais.

Ante esta situación, entendemos que o papel dun político honesto e comprometido coa cidade e coa súa cidadanía é estar do lado das súas veciñas e veciños.

Chegados a esta situación na que, parece ser, non se conta co visto e prace da propiedade:

  •  Que lle impide ao goberno municipal aceptar a demanda veciñal? 
E se realmente conta coa oposición da propiedade, a seguridade xurídica está moi cuestionada:

  • Que garantías temos de que este proxecto que se nos presenta teña posibilidades de            execución?

Porque na “Documentación para a aprobación inicial” apreciamos erros graves xa que na “Memoria xustificativa” faise referencia a outro proxecto distinto que non é o que se vai levar ao Pleno Municipal do día 21. Por elo, sospeitamos que o proxecto que se vai presentar non conta con todos os informes preceptivos que debería. Motivo máis que suficiente para impugnala tanto no momento da exposición pública como despois nos tribunais.

A Zona Nova e a nosa cidade merecen un proxecto mellor e a altura dos tempos para o solar do antigo colexio Peleteiro. 

Por todo elo, as veciñas e veciños da Plataforma Veciñal e da Asociación Veciñal RAIGAME pedímoslles aos nosos representantes só unha cousa:

Que non permitan que nos quiten o sol para llo dar a un fondo de inversión americano.

Que non permitan unha inxustiza. Que non acepten ningunha proposta que prexudique ás veciñas e veciños que levamos vivindo aquí hai máis de 50 anos.

15 de outubro de 2022

Asemblea Xeral de Raigame

 ASEMBLEA XERAL DE RAIGAME

Data : Xoves 27 outubro 2022

Hora : 19.30h.

Lugar : C.S.C. O Ensanche

R/Frei Rosendo Salvado 14-16

15701 Santiago

Orde do día

1.- Informe de xestión ( 2019-2022 )

2.- Eleccións para renovar á Xunta Directiva.

3.- Rogos e preguntas.

En Compostela, a 12 de outubro de 2022
Presidente
Xosé Manuel Durán Orús


P.S. Presentación de Candidaturas,ata o día 27, nos enderezos :

Correo electrónico de Raigame : aavvraigame@gmail.com

Correo postal ou entrega presencial : R/Ramón Cabanillas 10 baixo.

15701 Santiago

Mínimo : catro persoas ; Presidente,vicepresidente, tesoureiro, secretario

Máximo : sete persoas ; Os cargos anteriores e tres vogais

16 de febreiro de 2022

Semana de Rosalía - Convite á rolda de prensa na que se comunicará aos medios os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela

Convidámosvos á rolda de prensa na que se comunicará aos medios a celebración da Semana de Rosalía e os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela.
Ditos actos están organizados pola Asociación Veciñal RAIGAME coa colaboración da Fundación Rosalía e o patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
A citada rolda de prensa será o venres 18 de febreiro ás 11h no Centro Sociocultural do Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 16. A ela están convidados o Presidente da Fundación Rosalía de Castro, a Concelleira de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, a Presidenta da Asociación EmRede, o Presidente da Asociación Comercio.Compostela, o Presidente da Asociación Hostalería.gal, o Presidente da Asociación de Hostelería Compostela e o Presidente da Asociación Raigame.

16 de novembro de 2021

Merecido homenaxe a Rafael Silva, fundador da librería Follas Novas

 


Por os seus cincoenta anos ao frente do seu negocio, Rafael Silva recibíu este martes un emotivo homenaxe, que lle fixo especial ilusión por vir dos seus veciños, xa que foi a asociación Raigame a que organizou este merecido recoñecemento no centro sociocultural do Ensanche. 
Artigo no Correo Galego
Reportaxe no telexornal da RTVG

25 de outubro de 2021

 

FOLLAS NOVAS

1971-2021

Cincuenta anos no Ensanche!

Homenaxe a don Rafael Silva (1937) fundador da libraría  Follas Novas hai 50 anos 

Data : martes 9 de novembro 2021 ás 20:00 horas

Onde : Salón de actos  do Centro Sociocultural O Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16

Aforo limitado, inscrición ata o día 5 de novembro no correo electrónico aavvraigame@gmail.com ou no Centro Sociocultural do Ensanche, teléfono 981 543 001

Programa

20h.- Benvida e presentación a cargo de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Veciños Raigame.

20.15h. Conferencia de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Follas Novas: Rosalía no Ensanche (Campos de Cornes, Cruceiro de Ramírez...)

21.00h Xaquín Mato, presidente de honra de Raigame, entrega unha placa de recordo a Rafael Silva Costoyas, fundador e propietario da libraría Follas Novas, un símbolo do Ensanche.

21.10h. Agradecementos e despedida.