17 de marzo de 2020

Cidadanía Solidaria


Nestes momentos no que moitas familias quedan sen ingresos e os pequenos comercios da cidade teñen que pechar as súas portas e facer frente aos soldos do seu persoal, é precisamente agora cando se fai máis necesario ca nunca a solidariedade entre nós e sobre todo dos propietarios dos pisos e locais comerciais. Apelamos ao lado máis humano das persoas que teñen na súa man rebaixar ou mesmo condonar os alugueres mentres dure esta situación de auténtica catástrofe económica e sanitaria.
Tamén esperamos que este acto de colaboración cidadá sirva de exemplo ás respectivas administracións tanto central, autonómica e local para que poñan canto teñan na súa man para que os próximos anos, que virán moi duros, poidan ser soportables.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/22/olvidate-alquiler-abrilmanuel-villar-pagara-alquiler-sigueiro-familia-cobrara-local-vigo/0003_202003S22C3992.htm

15 de marzo de 2020

AXÚDOCHE?



Se estás só/soa ou non podes saír de casa, chámame porque gustaríame axudarche a:
  • Levarche algo a casa. Facerche a compra ou ir á farmacia.
  • Xestionar o transporte aos servizos médicos ou acompañarte.
  • Baixar o lixo.
  • Solucionar dúbidas ou simplemente conversar. 
  • Non debo achegarme a menos de 2 metros

Tes unha veciña ou veciño moi preto de ti que che pode botar unha man.

Se queres ser voluntari@, por favor, escribe ao email: aavvraigame@gmail.com enviando nome, telf móvil e rúa na que vives. Despois formarás parte do grupo de whatsapp AXÚDOCHE e recibirás ás instrucións dun médico de atención primaria que che explicará como debes proceder. Neste grupo poderás compartir as dúbidas que che surxan e entre tod@s che axudaremos a solucionalas.



*********************************************************************************

Carta de presentación para voluntari@s

*********************************************************************************

Información oficial do SERGAS sobre o coronavirus


*********************************************************************************

Tod@s @s voluntari@s que queirades participar podedes colocar o seguinte cartel nos vosos portais, portais dos lados, farmacia ou tenda de barrio. Trátase de EVITAR DESPRAZAMENTOS e actuar a nivel de veciñ@s.


*********************************************************************************

Protocolo de actuación da Rede Voluntaria "AXÚDOCHE"


A continuación exponse o protocolo de actuación da Rede Voluntaria "AXÚDOCHE" en dous supostos posibles: atención telefónica e realización de recados ou compras. Para calquera outro suposto, pregamos consultedes ben a través do propio grupo de whatsapp ben nos seguintes teléfonos:
  • SERVIZO MÉDICO: Jesús Sueiro Justel. nº colexiado: 15/5.556. Telf: 609547147
  • SERVIZO PSICOLÓXICO: Miguel Pérez Illodo. nº colexiado: G-06193. Telf.: 619208011
  • SERVIZO ADMINISTRATIVO: Xosé Manuel Durán Orús. Presidente de AVV RAIGAME. Telf.: 607947795
  • Email: aavvraigame@gmail.com
  • Cruz Vermella: 900104971
  • Teléfono de información para cidadáns sobre coronavirus: 900400116 (non chamar 061)
  • Teléfono emerxencia grave: 061
  • Teléfono de atención social do Concello de Santiago: 010


📍PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DE MÍNIMOS📍
REDE VOLUNTARIA AXÚDOCHE?

Para cumplir as normas impostas polo actual Estado de Alarma, debemos ter moi presente que a nosa labor tendente a axudar cos MÍNIMOS desprazamentos e co mínimo risco para as persoas que imos axudar e para nós mesm@s.

1) Aproveitar que imos facer a nosa compra ou baixar o noso lixo para poñer o cartel no portal, na farmacia ou na tenda do barrio e explicar ás persoas que nos atenden en que consiste a nosa labor.

2) Indicar no cartel o noso nome e telf.

3) A partires dese momento o noso contacto coas persoas necesitadas será telefónico (sen contacto físico e sen saír da casa)

4) Canalizaremos as súas demandas actuando sempre co concepto de "MÍNIMOS". Mínimo contacto, mínimo desprazamento.

5) Estaremos moi atentos aos sinais de axuda e necesidade que poidamos percibir no noso vecindario.

6) Se fose preciso axudar nun recado ou nunha compra, farémolo de paso que facemos a nosa compra ou baixamos o noso lixo.

7) Se temos que facer desprazamentos máis aló do noso radio de movilidade habitual, utilizaremos esta rede voluntaria para pedir axuda a outr@s voluntari@s ou o sistema de voluntariado do Concello ou dos Servizos Sanitarios.

Por favor, lembra:
📍MÍNIMO CONTACTO,
📍MÍNIMO DESPRAZAMENTO

******************************************************************************

Iniciativa ciudadá para poñer en valor a produción local de alimentos frescos e o Comercio Local en colaboración coa Asociación NONéOMESMO


******************************************************************************

Iniciativa municipal para axudar ás persoas máis necesitadas a través do comercio local

******************************************************************************





16 de febreiro de 2020

Aniversario Rosalía de Castro 2020



Martes 18 de febreiro. Centro Cívico do Ensanche ás 20:30h.

A Praza de Vigo, lugar de nacemento de Rosalía de Castro, coma dinamizadora da Zona Nova compostelá. Posibilidades urbanísticas e artísticas.

Participantes: Fundación Rosalía de Castro, Asociación Comercio.Compostela, Concello de Santiago de Compostela, Concello de Pontevedra, arquitecto urbanista Manuel Carbajo. Modera: AVV Raigame.

Xoves 20 de febreiro. Praza de Vigo ás 12:00h.

Recital poético na honra de Rosalía de Castro polos alumnos do Colexio Quiroga Palacio e San Xosé de Cluny.

Do venres 21 ata o luns 24 de febreiro


  • O Comercio Local agasalla á súa clientela cun marcapáxinas e un poema de Rosalía de Castro.
  • A Hostalería Local agasalla á súa clientela cun Caldo de Gloría.









10 de xaneiro de 2020

FOLIADA PICHELEIRA DA ZONA NOVA 2020

Raigame xa ten grupo de danza!!... grazas á colaboración da Academia Lodanzas e Cristina, a súa profesora de baile. Para dalo a coñecer entre a veciñanza decidimos organizar unha foliada da man dos grupos de música e danza da cidade e da hostalería da Zona Nova. Convidámosvos á Foliada Picheleira un xoves de cada mes, agás xullo e agosto, nos seguintes locais:


Próxima Foliada no Café Bar Arena en Alfredo Brañas, nº6 o xoves 6 de febreiro a partires das 22:30 horas.