16 de febreiro de 2022

Semana de Rosalía - Convite á rolda de prensa na que se comunicará aos medios os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela

Convidámosvos á rolda de prensa na que se comunicará aos medios a celebración da Semana de Rosalía e os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela.
Ditos actos están organizados pola Asociación Veciñal RAIGAME coa colaboración da Fundación Rosalía e o patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
A citada rolda de prensa será o venres 18 de febreiro ás 11h no Centro Sociocultural do Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 16. A ela están convidados o Presidente da Fundación Rosalía de Castro, a Concelleira de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, a Presidenta da Asociación EmRede, o Presidente da Asociación Comercio.Compostela, o Presidente da Asociación Hostalería.gal, o Presidente da Asociación de Hostelería Compostela e o Presidente da Asociación Raigame.