25 de outubro de 2021

 

FOLLAS NOVAS

1971-2021

Cincuenta anos no Ensanche!

Homenaxe a don Rafael Silva (1937) fundador da libraría  Follas Novas hai 50 anos 

Data : martes 9 de novembro 2021 ás 20:00 horas

Onde : Salón de actos  do Centro Sociocultural O Ensanche, na rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16

Aforo limitado, inscrición ata o día 5 de novembro no correo electrónico aavvraigame@gmail.com ou no Centro Sociocultural do Ensanche, teléfono 981 543 001

Programa

20h.- Benvida e presentación a cargo de Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación de Veciños Raigame.

20.15h. Conferencia de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Follas Novas: Rosalía no Ensanche (Campos de Cornes, Cruceiro de Ramírez...)

21.00h Xaquín Mato, presidente de honra de Raigame, entrega unha placa de recordo a Rafael Silva Costoyas, fundador e propietario da libraría Follas Novas, un símbolo do Ensanche.

21.10h. Agradecementos e despedida.

5 de outubro de 2021

O 27 DE SETEMBRO DE 1960, OS PROPIETARIOS DAS CASAS DE RAMÍREZ RECIBIRON AS CHAVES DAS SÚAS VIVENDAS.


O 27 de setembro de 1960, ao pé deste cruceiro, os propietarios das Casas de Ramírez recibiron as chaves das súas vivendas. Sesenta e un anos despois desde a Asociación de Veciños Raigame, en colaboración co Centro Socio Cultural O Ensanche, quixemos lembrar a efeméride, con Xaquín Mato e Agustín Pena representando á Asociación. O cruceiro é o segundo -máis é o orixinal do acto- logo de que o primeiro, inmortalizado  por Rosalía, rematase instalado na praciña de San Fiz de Solovio.


Cruceiro de Ramírez que te ergues solitario

dos Agros na espranada, antre as rosas dos campos:

o sol da tarde pousa en ti o postreiro raio

coma nun alma triste pousa un soño dourado.

Algunha vez no estío, eu ó teu pe sentada

escoito silenciosa, mentras a tarde acaba;

baixo das pedras mudas, que teu secreto gardan,

maxino que resoa o brando son dun arpa,

¡música incomprensible que doutros mundos fala!

¡Tal de Memnón se oían ó amañecer na estatua

aqueles sons divinos que as almas encantaban!

(Rosalía de Castro, Follas Novas. 1880)