17 de xuño de 2019

Quen dixo wifi?


Este sábado 29 de xuño visita a Zona Nova máis picheleira.  Celebraremos o 1º Encontro de Xogos Populares da Zona Nova. Trátase de facer ver que tamén se pode xogar sen wifi, sen cables e sen pilas.
Colaboran con RAIGAME a Asociación de Xogadores de Chave de Santiago que instalarán un tiro de chave ao que acudirán os finalistas do Torneo da Ascensión, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que nos mostrará unha chea de xogos tradicionais galegos que non precisan wifi. A Asociación Amigos das Póvoas de Estarreja, que nos traerán moitos dos xogos populares de Portugal.
Coa cooperativa 7H poderemos pintar un gran mural e Escolma levaranos en bici por toda a Praza Roxa.
Ademais, teremos polbeira cun desconto de 1€ para todas aquelas persoas que mostren un tícket de compra con data do 29 de xuño de 2019 cuia compra se realizara en calquera comercio da Zona Nova de Santiago. Só se admitirá un tícket por cada ración de polbo.
Participa e goza...sen wifis!!

Ningún comentario: