A CIDADE QUE QUEREMOS



"A cidade que queremos" é un proxecto da Asociación de Veciñas e Veciños Raigame e trata
 dun ciclo de seis mesas redondas coas que axudar a definir a Compostela moderna que queremos para o futuro.

Serán mesas interdisciplinares nas que terán voz a cidadanía, a sociedade civil e as institucións para así ter unha visión máis rica en matices que axuden a chegar a solucións integradoras.

A vindeira será o martes 29 de outubro na que falaremos do comercio local que queremos. "Vendendo con amor" é o nome da mesa na que participará o alcalde Xosé Sanchez Bugallo, Felisa Rodríguez Prado da Rede  Galabra da USC, José Antonio Seijas, presidente da Asociación Comercio.Compostela e Xoan Bascuas en representación das persoas consumidoras da Asociación Raigame.


A primeira mesa redonda que organizamos dende Raigame foi: "Vivenda, aluguer e pisos turísticos; unha cuestión social". Celebrouse o xoves 17 de outubro ás 20:30 horas no Centro Cívico do Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16.



Participaron na mesa: Mercedes Rosón. Concelleira de Urbanismo, Elías Torres Feijó. Grupo Galabra da USC, José Antonio Seijas. Presidente da Asociación Comercio.Compostela, Ramón García Seara, Xerente de Hostalería Compostela. Rafael Rey. Secretario da Asociación Galega de Inmobiliarias AGALIN, Roberto Almuiña. Presidente da Asociación de Veciños Fonseca. Modera: AVV Raigame.

Introdución:

A Constitución española, no título relativo aos dereitos e deberes fundamentais e no seu artigo 47 di:
Todos os españois teñen dereito a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo dacordo co interés xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xenere a acción urbanística dos entes públicos.

Pero acceder a unha vivenda en aluger está sendo cada vez máis difícil, non só pola escasa dispoñibilidade de pisos na Zona Nova en particular e na cidade en xeral se non tamén polo seu encarecemento cada vez maior que leva a que as familias teñan que destinar case a metade da súa renda para este fin. 

Isto ten unhas enormes consecuencias socias e económicas para as persoas que aquí vivimos e para a nosa cidade xa que empobrecémonos cada vez máis e corremos o risco de reducir o número de persoas residentes e de persoas empadroadas. Por elo, é preciso que todos sexamos conscientes de cales son estas consecuencias e como poder actuar.


As demais mesas propostas son:
  1. Futuro do Comercio Local. O Comercio que queremos.
  2. Convivencia e ocio nocturno.
  3. Reurbanización e preferencia peonil na Zona Nova.
  4. O Solar de Peleteiro como dinamizador da Zona Nova compostelá.
  5. Rosalía de Castro e o seu lugar de nacemento. Punto de interese cultural da cidade.
Días: 29 de outubro, 12, 26 de novembro de 2019 e 14 e 28  de xaneiro de 2020.
Horario: 20:30 a 21:45
Lugar: Centro Cívico do Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16.

Ningún comentario: