22 de setembro de 2019

Festa da Zona Nova 2019


Festas da Zona Nova 2019


Resumo de actividades



Vídeos


Trópico de Grelos polas rúas da Zona Nova


Cantos de Taberna cos grupos A Reviravolta, Can de Ghaiteiro, Os Enxebres de San Lázaro e Canta Madeira en Par6, A Rosaleda, Arena, La Codorniz, Galopín, AdGelo, Rock Café, Raices Galegas, Castelao, Krystal e DJ


Kind of Soul e Polbeira-Jazz na Praza Roxa


Intervención artística de Luís Davila na rúa Fernando III O Santo, 24






Intervención de Marc Taeger na Rapa da Folla









Participación do Comercio Local






Promoción da Festa da Zona Nova 2019






Xantar con...polbo á feira e paella!!!






Actuación de Kind of Soul






Actuación de Trópico de Grelos polas rúas da Zona Nova
















Colaboración de Anataka Yoga





Colaboración de Lodanzas







Colaboración de Core Surfing







Colaboración de EscondiT



Torneo de Xadrez das Cinco Sedes






Venancio González Caamaño, gañador do Torneo con Fernando Sánchez Aller, coordinador e directivos de Raigame 





21 de setembro de 2019

A cidade que queremos



"A cidade que queremos" é un proxecto da Asociación de Veciñas e Veciños Raigame e trata
 dun ciclo de seis mesas redondas coas que axudar a definir a Compostela moderna que queremos para o futuro.

Serán mesas interdisciplinares nas que terán voz a cidadanía, a sociedade civil e as institucións para así ter unha visión máis rica en matices que axuden a chegar a solucións integradoras.

1º Mesa Redonda. "Vivenda, aluguer e pisos turísticos; unha cuestión social". Xoves 17 de outubro ás 20:30 horas no Centro Cívico do Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16.

Participantes na mesa: Mercedes Rosón. Concelleira de Urbanismo, Elías Torres Feijó. Grupo Galabra da USC, José Antonio Seijas. Presidente da Asociación Comercio.Compostela, Ramón García Seara, Xerente de Hostalería Compostela. Rafael Rey. Secretario da Asociación Galega de Inmobiliarias AGALIN, Roberto Almuiña. Presidente da Asociación de Veciños Fonseca. Modera: AVV Raigame.

Introdución:

A Constitución española, no título relativo aos dereitos e deberes fundamentais e no seu artigo 47 di:
Todos os españois teñen dereito a desfrutar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo dacordo co interés xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xenere a acción urbanística dos entes públicos.

Pero acceder a unha vivenda en aluger está sendo cada vez máis difícil, non só pola escasa dispoñibilidade de pisos na Zona Nova en particular e na cidade en xeral se non tamén polo seu encarecemento cada vez maior que leva a que as familias teñan que destinar case a metade da súa renda para este fin. 

Isto ten unhas enormes consecuencias socias e económicas para as persoas que aquí vivimos e para a nosa cidade xa que empobrecémonos cada vez máis e corremos o risco de reducir o número de persoas residentes e de persoas empadroadas. Por elo, é preciso que todos sexamos conscientes de cales son estas consecuencias e como poder actuar.


As demais mesas propostas son:
  1. Futuro do Comercio Local. O Comercio que queremos.
  2. Convivencia e ocio nocturno.
  3. Reurbanización e preferencia peonil na Zona Nova.
  4. O Solar de Peleteiro como dinamizador da Zona Nova compostelá.
  5. Rosalía de Castro e o seu lugar de nacemento. Punto de interese cultural da cidade.
Días: 29 de outubro, 12, 26 de novembro de 2019 e 14 e 28  de xaneiro de 2020.
Horario: 20:30 a 21:45
Lugar: Centro Cívico do Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16.

18 de setembro de 2019

Torneo de Xadrez das Cinco Sedes 2019

Coincidindo coa Festa da Zona Nova 2019, Raigame organiza o Torneo de Xadrez das Cinco Sedes 2019 en varios locais da cidade. A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro e final o sábado 28 de setembro na Praza Roxa. Ese mesmo día tamén terán lugar partidas simultáneas frente a un Mestre Internacional IM.



As Sedes participantes este ano 2019 son: Café Bar A Rosaleda, Café Bar Piñón (Conxo), Cantina Galopín, Centro Cívico O Ensanche e Escondi T.

Cada unha das persoas gañadoras en cada Sede recibirán cadanseu agasallo de parte do local anfitrión.

Inscricións: entre o xoves 19 e o luns 21 no email: aavvraigame@gmail.com.