23 de xaneiro de 2024

"AV Raigame anima e asesora á veciñanza a denunciar os focos de contaminación acústica e lumínica"

 

Na reunión celebrada o pasado luns 22 de xaneiro na Zona Nova compostelá, os participantes na mesa redonda puxeron de manifesto como a contaminación acústica e lumínica é unha agresión que invade os nosos domicilios. Pero a diferencia de outras agresións, estas non deixan marcas. 

Por elo, é moi importante que as persoas que as sufren acudan ao seu Centro de Saúde e o manifesten así. Esto permitiría acudir á fiscalía de medioambiente e actuar más contundentemente contra os causantes das agresións.
Así mesmo, animamos á veciñanza á presentar denuncias por escrito a través da oficina virtual do Concello para que quede constancia por escrito de ditas denuncias xa que moitas veces as chamadas á policía local e nacional non é suficiente.

Esperamos que os compromisos manifestados recentemente polo goberno municipal fagan efecto, entre estes compromisos está a dotación de máis persoal no departamento de disciplina urbanística para axilizar o trámite das denuncias que se están a presentar.

Tamén instamos ao Concello a acelerar os traballos técnicos e de coordinación interna comprendidos recentemente coa Plataforma Veciñal contra o ruído para elaborar un plan de acción contra as concentracións multitudinarias diante de determinados lugares de ocio nocturno coa fin de disuadir de comportamentos incívicos e fonte de ruídos a altas horas da madrugada que impiden o normal descanso das veciñas e veciños.
Quedou en evidencia a falta de axentes da autoridade na cidade polo que solicitamos un aumento do número de efectivos policiais tanto local como nacional e se deixe de poñer como excusa a "taxa de reposición" xa que entendemos que a día de hoxe xa non se dan as circunstancias que obrigaban a non poder contratar máis efectivos.

Ningún comentario: