A Asociación Veciñal Raigame quere convidaros a unha mesa redonda coa veciñanza da Zona Nova o luns 22 de xaneiro ás 20:15h no CSC O Ensanche coa intención de ofrecer mecanismos de actuación a todas aquelas personas que están a sufrir problemas de ruídos e convivencia nos seus domicilios e comunidades. Ao mesmo tempo que realizaremos un mapa de incidencias da Zona Nova compostelá para visivilizar os problemas e ter unha mellor prespectiva da dimensión real da situación.
A mesa redonda estará formada por Carlos Vence, presidente da Asociación Veciñal O Cimborrio de Ourense, o doutor Suso Sueiro, Roberto Almuíña, presidente da Asociación Veciñal Fonseca do cidade histórica compostelá e representantes da Policía Local.
Incidencias de ruídos e molestias comunicadas pola veciñanza:
1. Na rúa Santiago de Chile.
1.1. Ruídos no interior das vivendas provocados polas pensións de estudantes no nº 15 de Santiago de Chile1.2. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante do bar TNT
2. Contaminación lumínica provocada pola pantalla luminosa do Hórreo frente á Galuresa
3. Na rúa Rep. Arxentina:
3.1. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante do 24h O de Sempre3.2. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Gabanna3.3. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Blaster
4. Na rúa Alfredo Brañas. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca La Facultad
5. Na rúa Nova de Abaixo. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Central Perk.
6. Na rúa Santiago del Estero. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Vanitas.
7. Patios interiores da rúa da Rosa. Ruídos provocados polas actividades do Ximnasio Spagat
8. Na rúa Fernando III:
8.1. Ruído na rúa, ouriños, pelexas e outras incidencias por concentracións de mañá diante do bar Stilo.8.2. Ruídos na rúa e molestias á veciñanza no nº 12 por concentracións de rapazada diante do bar Black Ball durante o día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario