6 de xuño de 2024

Denuncias contra establecementos comerciais por ruídos e problemas de convivencia na Zona Nova



Onte mércores 5 de maio, a ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RAIGAME tivo unha reunión cos Concelleiros de Seguridade e Urbanismo do Concello de Santiago para tratar dous temas importantes para a veciñanza da Zona Nova compostelá.

Un dos temas tratados foi o ruído e os problemas de convivencia que ocasiona e que veñen padecendo veciños e Comunidades de Propietarios. Trasladámoslle a resolución adoptada por varias Comunidades de Propietarios o pasado luns 3 de maio que consiste en iniciar o trámites xudiciais en base ao artigo 7.2 da Lei de División Horizontal contra 4 establecementos dos que temos queixas e denuncias urbanísticas. Estes establecementos son: 

Bar Stilo en Fernando III n° 39. 
TNT en Santiago de Chile n° 29
Discoteca Vanitas en Santiago del Estero n° 8
Gabanna Discoteca en Rep. Arxentina n° 24

Tamén lles trasladamos as denuncias efectuadas por ruídos contra o Gimnasio Espagat en Fernando III n° 12, Residencia de Estudantes Carmen e a Residencia de Estudantes Santi en Santiago de Chile n° 15 e o local de salsa Guayaba en rúa Nova de Abaixo n° 26. Denuncias realizadas a través do departamento de Disciplina Urbanística dende o ano 2023 e das cales os veciños aínda non tiveron contestación.

Manifestamos a nosa preocupación polas numerosas queixas recibidas pola invasión das beirarrúas e os ruídos xenerados en varios establecementos de hostalería das rúas Fernando III, Frei Rosendo Salvado e Praza Roxa

Se lles trasladaron as queixas recibidas por parte da veciñanza da Rosa pola masificación e molestias en determinados portais debido á presenza da parada que os buses interurbanos teñen nesta rúa e se lle preguntou polo traslado desta parada á Estación Intermodal.

Expresamos a nosa preocupación polos contínuos atropelos que acontecen reiteradamente nos cruces das rúas Santiago de Chile e República Arxentina e solicitamos a súa pronta solución.

Tamén puxemos de manifesto os contínuos atascos ocasionados polos coches aparcados en dobre fila á altura do n° 33 da rúa Rep. Arxentina e que ocasiona retencións de tráfico diarias nas rúas Romero Donallo e Santiago de Chile.

Expresamos o interés veciñal en revisar ás licenzas urbanísticas dos establecementos obxecto de queixas e instamos á toda a veciñanza a que curse as correspondentes denuncias urbanísticas a través da Oficina Virtual do Concello de Santiago independentemente das chamadas puntuais á Policía Local.

19 de febreiro de 2024

Ruído, drogas, prostitución, contaminación lumínica e outros problemas de convivencia.



Como podemos afrontalos dende as Asociacións Veciñais e as Comunidades de Propietarios.
 

Luns 26 de febreiro ás 20.15h no Centro Sociocultural do Ensanche. 

Intervirán: Alejandro Sánchez Brunete. Veciño da Zona Nova e Ex-concelleiro de Seguridade Cidadá.
Lisardo Núñez Pardo de Vera. Avogado. 

O ruído introdúcese ilegalmente nos nosos domicilios e agora tamén a contaminación lumínica, o que supón un violación ao noso dereito á intimidade. É coma se un extrano entrara na nosa casa e nos impedirá vivir. Peor aínda, nos perxudica seriamente a saúde. Esta situación reitarada e vanalizada fai que a calidade de vida sexa peor e sexa cada vez máis difícil vivir na Zona Nova o que leva a que moitas persoas deciden abandoar as súas vivendas. Esta situación conleva unha degradación da nosa convivencia e sexa caldo de cultivo para que aumenten os pisos nos que se exerce a prostitución e tráfico de drogas e así tamén, as nosas propiedades van perdendo valor. Ninguén vai querer vivir onde non se pode durmir e os problemas de convivencia son insoportables. Os causantes desta situación non son conscientes do dano que producen á veciñanza, á súa cidade e así mesmos. Dende a Asociación Veciñal RAIGAME pesamos que temos moito que facer antes de abandoar. A nivel municipal, exixindo ao Concello que actúe regulando as actividades a nivel urbanístico e sancionando a todas aquelas persoas e empresas causantes desta situación, as actuacións incívicas na rúa, aos pisos turísticos e pensións de estudantes, aqueles bares e locais de ocio nocturno e outras actividades económicas que causan graves molestias á veciñanza.. Nós podemos actuar individual denunciando por escrito estas situacións. E tamén colectivamente acudindo á vía xudicial ben sexa exixindo a revisión das licenzas e o cumprimento da normativa vixente ben acudindo á médico e solicitando informes médicos que permitan ir por vía penal. É moi importante que nos organicemos e actuemos colectivamente polo ben da nosa saúde e da nosa cidade.

23 de xaneiro de 2024

"AV Raigame anima e asesora á veciñanza a denunciar os focos de contaminación acústica e lumínica"

 

Na reunión celebrada o pasado luns 22 de xaneiro na Zona Nova compostelá, os participantes na mesa redonda puxeron de manifesto como a contaminación acústica e lumínica é unha agresión que invade os nosos domicilios. Pero a diferencia de outras agresións, estas non deixan marcas. 

Por elo, é moi importante que as persoas que as sufren acudan ao seu Centro de Saúde e o manifesten así. Esto permitiría acudir á fiscalía de medioambiente e actuar más contundentemente contra os causantes das agresións.
Así mesmo, animamos á veciñanza á presentar denuncias por escrito a través da oficina virtual do Concello para que quede constancia por escrito de ditas denuncias xa que moitas veces as chamadas á policía local e nacional non é suficiente.

Esperamos que os compromisos manifestados recentemente polo goberno municipal fagan efecto, entre estes compromisos está a dotación de máis persoal no departamento de disciplina urbanística para axilizar o trámite das denuncias que se están a presentar.

Tamén instamos ao Concello a acelerar os traballos técnicos e de coordinación interna comprendidos recentemente coa Plataforma Veciñal contra o ruído para elaborar un plan de acción contra as concentracións multitudinarias diante de determinados lugares de ocio nocturno coa fin de disuadir de comportamentos incívicos e fonte de ruídos a altas horas da madrugada que impiden o normal descanso das veciñas e veciños.
Quedou en evidencia a falta de axentes da autoridade na cidade polo que solicitamos un aumento do número de efectivos policiais tanto local como nacional e se deixe de poñer como excusa a "taxa de reposición" xa que entendemos que a día de hoxe xa non se dan as circunstancias que obrigaban a non poder contratar máis efectivos.

16 de xaneiro de 2024

Mesa redonda: Ruído e outros problemas de convivencia; como abordalos



A Asociación Veciñal Raigame quere convidaros a unha mesa redonda coa veciñanza da Zona Nova o luns 22 de xaneiro ás 20:15h no CSC O Ensanche coa intención de ofrecer mecanismos de actuación a todas aquelas personas que están a sufrir problemas de ruídos e convivencia nos seus domicilios e comunidades. Ao mesmo tempo que realizaremos un mapa de incidencias da Zona Nova compostelá para visivilizar os problemas e ter unha mellor prespectiva da dimensión real da situación.
A mesa redonda estará formada por Carlos Vence, presidente da Asociación Veciñal O Cimborrio de Ourense, o doutor Suso Sueiro, Roberto Almuíña, presidente da Asociación Veciñal Fonseca do cidade histórica compostelá e representantes da Policía Local.


Incidencias de ruídos e molestias comunicadas pola veciñanza:

1. Na rúa Santiago de Chile.
1.1. Ruídos no interior das vivendas provocados polas pensións de estudantes no nº 15 de Santiago de Chile
1.2. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante do bar TNT 

 

2. Contaminación lumínica provocada pola pantalla luminosa do Hórreo frente á Galuresa

3. Na rúa Rep. Arxentina:
3.1. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante do 24h O de Sempre
3.2. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Gabanna
3.3. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Blaster

 

4. Na rúa Alfredo Brañas. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca La Facultad

5. Na rúa Nova de Abaixo. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Central Perk.

6. Na rúa Santiago del Estero. Ruídos na rúa e ouriños por concentracións nocturnas diante da discoteca Vanitas.

7. Patios interiores da rúa da Rosa. Ruídos provocados polas actividades do Ximnasio Spagat

8. Na rúa Fernando III:
8.1. Ruído na rúa, ouriños, pelexas e outras incidencias por concentracións de mañá diante do bar Stilo.
8.2. Ruídos na rúa e molestias á veciñanza no nº 12 por concentracións de rapazada diante do bar Black Ball durante o día.