19 de febreiro de 2024

Ruído, drogas, prostitución, contaminación lumínica e outros problemas de convivencia.



Como podemos afrontalos dende as Asociacións Veciñais e as Comunidades de Propietarios.
 

Luns 26 de febreiro ás 20.15h no Centro Sociocultural do Ensanche. 

Intervirán: Alejandro Sánchez Brunete. Veciño da Zona Nova e Ex-concelleiro de Seguridade Cidadá.
Lisardo Núñez Pardo de Vera. Avogado. 

O ruído introdúcese ilegalmente nos nosos domicilios e agora tamén a contaminación lumínica, o que supón un violación ao noso dereito á intimidade. É coma se un extrano entrara na nosa casa e nos impedirá vivir. Peor aínda, nos perxudica seriamente a saúde. Esta situación reitarada e vanalizada fai que a calidade de vida sexa peor e sexa cada vez máis difícil vivir na Zona Nova o que leva a que moitas persoas deciden abandoar as súas vivendas. Esta situación conleva unha degradación da nosa convivencia e sexa caldo de cultivo para que aumenten os pisos nos que se exerce a prostitución e tráfico de drogas e así tamén, as nosas propiedades van perdendo valor. Ninguén vai querer vivir onde non se pode durmir e os problemas de convivencia son insoportables. Os causantes desta situación non son conscientes do dano que producen á veciñanza, á súa cidade e así mesmos. Dende a Asociación Veciñal RAIGAME pesamos que temos moito que facer antes de abandoar. A nivel municipal, exixindo ao Concello que actúe regulando as actividades a nivel urbanístico e sancionando a todas aquelas persoas e empresas causantes desta situación, as actuacións incívicas na rúa, aos pisos turísticos e pensións de estudantes, aqueles bares e locais de ocio nocturno e outras actividades económicas que causan graves molestias á veciñanza.. Nós podemos actuar individual denunciando por escrito estas situacións. E tamén colectivamente acudindo á vía xudicial ben sexa exixindo a revisión das licenzas e o cumprimento da normativa vixente ben acudindo á médico e solicitando informes médicos que permitan ir por vía penal. É moi importante que nos organicemos e actuemos colectivamente polo ben da nosa saúde e da nosa cidade.