Aniversario de Rosalía de Castro 2020
Día 17. Presentación da programación ante a prensa
Día 18. Mesa Redonda:
A Praza de Vigo e o lugar de nacemento de Rosalía de Castro coma lugar dinamizador da Zona Nova compostelá: posibilidades artísticas e urbanísticas
Participantes: Anxo Angueira-Presidente da Fundación Rosalía, Antón Pedreira-Vicepresidente da Asociación Comarcio.Compostela, Carmen da Silva-Concelleira do Concello de Pontevedra, Gumersindo Ginarte-Concelleiro de Turismo do Concello de Santiago, Manuel Carbajo-Arquitecto Urbanista.
Anxo Angueira mostrou as evidencias indiscutibles sobre o lugar e a casa na que naceu Rosalía de Castro no Camiño Novo cando eran predios do Concello de Conxo, hoxe actual Praza de Vigo, así coma a débeda histórica que aínda ten a Cidade de Santiago para con Rosalía á hora de dignificar o sedu lugar de nacemento.
Antón Pedreira argumentou sobre as enormes posibilidades culturais que ofrece a figura de Rosalía de Castro á hora de ofrecer aos visitantes un Roteiro Rosaliano que os leve polos lugares senlleiros que están relacionados coa súa vida e obra. Desta maneira atraería público á Zona Nova e outras partes da cidade co conseguinte beneficio para o comercio e a hostalería.
Camen da Silva falounos da experiencia dende o Concello de Pontevedra á hora de redeseñar ás cidades no seu conxunto e para as persoas. Este traballo tivo o recoñecemento de institucións nacionais e internacionais e, o que é máis importante, o recoñecemento da cidadanía pontevedresa.
Gumersindo Ginarte tamén recoñeceu a necesidade dunha acción artística na Praza de Vigo que esté á altura de Rosalía de Castro que encaixe co Camiño Portugués que trancurre a carón deste lugar do Ensanche.
Manuel Carbajo expresou a necesidade de adaptar as cidades aos tempos e pensar nas rúas e prazas coma lugar de convivencia libres de barreiras e pensadas para as persoas.
Día 20. Recital poético dos colexios Cluny e Quiroga Palacios
Do 21 ao 24.
Agasallo dun marcapáxinas adicado a Rosalía por parte do comercio local da cidade e dun Caldo de Gloria por parte da Hostaleía compostelá.
Día 24.
Día Grande coa ofrenda floral popular ás 11 da mañá na Praza de Vigo e posterior comitiva cara á Alameda e Hostal dos Reís Católicos.
Vivindo o Jazz en Compostela 2019
Tera lugar do 8 ao 12 de maio de 2019 na Praza Roxa e na Praza da Quintana así coma en varios locais de hostalería da cidade.
Primavera Jazz 2019 é froito da ilusión e da colaboración do tecido asociativo da cidade. Un festival de Jazz auténticamente picheleiro feito en clave de cidade no que a Asociación de Veciños RAIGAME xunto coa Asociación Cultural Cidade Vella unen os seus esforzos para darlle vida.
Primavera Jazz 2019
Vivindo o Jazz en Compostela
Tera lugar do 8 ao 12 de maio de 2019 na Praza Roxa e na Praza da Quintana así coma en varios locais de hostalería da cidade.
Primavera Jazz 2019 é froito da ilusión e da colaboración do tecido asociativo da cidade. Un festival de Jazz auténticamente picheleiro feito en clave de cidade no que a Asociación de Veciños RAIGAME xunto coa Asociación Cultural Cidade Vella unen os seus esforzos para darlle vida.
Xaquín Mato
Fundador,
e presidente de honra, da Asociación de Veciños Raigame
http://www.elcompostelano.online/2019/03/xaquin-mato-presidente-de-honra-da.html
Unha honra traballar con el e desfrutar da súa amizade.
Unha honra traballar con el e desfrutar da súa amizade.
Somos (veciños) afortunados!
Amancio Prada no Ensanche
Amancio Prada no Ensanche
Sábado 23 de febreiro de 2019
na igrexa de San Fernando, celebrando os 182 anos da nosa Rosalía.
Vai fermosa crónica
dunha excepcional efeméride!
Somos afortunados picheleiros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario