A soidade non desexada pode ter un efecto devastador na saúde, o benestar e a calidade de vida das persoas maiores. Pode causar fatiga, problemas nutricionais, desordes do soño, enfermidades coronarias, etcétera.
Ademais, o feito
de que sexa durante a vellez cando se acumulan especialmente os procesos de
perda provoca que as dificultades para adaptarse á nova situación incrementen
aínda máis o sentimento de soidade.
Máis dunha quinta
parte da poboación do Ensanche de Santiago ten máis de 65 anos e o 40% das
persoas maiores de 85 anos viven soas.
O proxecto “ACOMPÁÑOTE?” pretende abordar a tarefa
de paliar o problema da soidade non desexada das persoas maiores do Ensanche e
quéreo facer dende varias perspectivas. Busca involucrar a toda a comunidade
nesa tarefa e coordenar aos posibles
voluntarias e voluntarios en
diferentes niveis de participación:
·
Os
comercios, as farmacias do barrio, etc. que, cunha mirada respectuosa e sensible, están atentos á dinámica
diaria das persoas maiores da súa contorna e, se detectan algún cambio
importante, póñense en contacto con nós.
·
As
veciñas e os veciños, achando situacións de soidade primeiro e, segundo, facendo acompañamento telefónico,
por internet ou presencial para paliar este sentimento.
·
Os
Centros de Saúde e os Servizos Sociais do barrio, unha vez informados,
valorando se hai que intervir ou non.
CÓMO PARTICIPAR?
Se queres axudar
Só tes que estar
atento á dinámica das persoas maiores que tes preto e se detectas algún cambio
no seu comportamento ou aspecto ou cres que están en situación de soidade,
contacta connosco no teléfono 605458347 de luns a venres, de 09:00 a 14:00
horas ou escríbenos a mangasdefame@gmail.com ou achégate ao teu centro de Servizos
Sociais e pregunta.
Se desexas axudar
facendo acompañamento telefónico, por internet ou presencial para paliar este
sentimento contacta connosco no teléfono 605458347 de luns a venres, de 09:00 a
14:00 horas ou escríbenos a mangasdefame@gmail.com ou achégate ao teu centro de Servizos Sociais e pregunta.
Se vives soa ou só e precisas
axuda
Contacta connosco
no teléfono 605458347 de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas ou escríbenos a
mangasdefame@gmail.com ou achégate ao teu centro de Servizos Sociais e
pregunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario