Estado de alarma polo coronavirus
Se estás só/soa ou non podes saír de casa, chámame porque gustaríame axudarche a:
- Levarche algo a casa. Facerche a compra ou ir á farmacia.
- Xestionar o transporte aos servizos médicos ou acompañarte.
- Baixar o lixo.
- Solucionar dúbidas ou simplemente conversar.
- Non debo achegarme a menos de 2 metros
Se precisas axuda, tes unha veciña ou veciño moi preto de ti que che pode botar unha man.
Se queres ser voluntari@, por favor, escribe ao email: aavvraigame@gmail.com enviando nome, telf móvil e rúa na que vives. Despois formarás parte do grupo de whatsapp AXÚDOCHE e recibirás ás instrucións dun médico de atención primaria que che explicará como debes proceder. Neste grupo poderás compartir as dúbidas que che surxan e entre tod@s che axudaremos a solucionalas.

O tecido asociativo máis representativo de Santiago de Compostela celebra o 183º aniversario do nacemento da nosa máis universal escritora na actual Praza de Vigo e convida ao Comercio e Hostalería Local a sumarse á esta festa. Organiza: AVV Raigame e Asociación Hostalería Compostela. Colaboran: Rede de Centro Cívicos do Concello de Santiago de Compostela, Fundación Rosalía de Castro, Asociación Comercio.Compostela, Colexío Público Quiroga Palacios e Colexio San Xosé de Cluny.
Un xoves de cada mes do 2020
Un xoves da cada mes, agás xullo e agosto, celebraremos unha foliada nun local do Ensanche. Consulta datas. Grazas á colaboración de Academía Loldanzas, grupos de música e danza da cidade e aos locais de hostalería da Zona Nova.
22 de setembro de 2019
Festa da Zona Nova 2019
Toneo de Xadrez das Oito Sedes, Actuacións artísticas de Luis Davila e Marc Taeguer en dous muros da Zona Nova, actución de Trópico de Grelos polas rúas do Ensanche...unha Festa para a lembranza.
Toneo de Xadrez das Oito Sedes, Actuacións artísticas de Luis Davila e Marc Taeguer en dous muros da Zona Nova, actución de Trópico de Grelos polas rúas do Ensanche...unha Festa para a lembranza.
Do 8 ao 12 de maio de 2019
Primavera Jazz 2019
Ven vivir o Festival de Jazz máis picheleiro.
Durante este días terán lugar diversos concertos de Jazz no que participarán os principais grupos galegos. Os concertos terán lugar na Praza Roxa, Praza da Quintana, Rock Café, Borriquita de Belém, Casa das Crechas e Cantina Galopín.

24 de Febreiro do 2019
Alborada a Rosalía
Este domingo 24 de febreiro ás 11 da mañá na Praza de Vigo, toda a veciñanza da cidade está convidada a cantar e tocar a Alborada de Rosalía na compaña dos Carapaus e de todas as gaitas que se queiran sumar.
23 de Febreiro do 2019Este domingo 24 de febreiro ás 11 da mañá na Praza de Vigo, toda a veciñanza da cidade está convidada a cantar e tocar a Alborada de Rosalía na compaña dos Carapaus e de todas as gaitas que se queiran sumar.
Do 18 ao 24 de febreiro
Caldo de Gloria no Ensanche máis picheleiro
Achégate aos bares e restaurantes do Ensanche e de Conxo e degusta o Caldo de Gloria.
Achégate aos bares e restaurantes do Ensanche e de Conxo e degusta o Caldo de Gloria.
Amacio Prada canta a Rosalía
Na Igrexa de San Fernando, ás 21 horas do sábado 23 de febreiro terenos un acto único no Ensanche compostelán. Amancio Prada ofreceranos este inesquecible tributo a Rosalía de Castro no seu 182 aniversario do seu nacemento.

23 de Febreiro do 2019
Xogos Populares na Praza Roxa
De 17 a 20h, no Parque de Ramírez, en colaboración coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional desfrutaremos de xogos que non precisan baterías para pasalo en grande.
De 17 a 20h, no Parque de Ramírez, en colaboración coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional desfrutaremos de xogos que non precisan baterías para pasalo en grande.
23 de Febreiro do 2019
Ven xogar á chave
Deixa o wifi e ven xogar a Chave. Coma tódolos sábados, ven tirar uns pellos ao pé do Cruceiro de Ramirez. De 17 a 19 horas e en compaña da Asociación de Xogadores de Chave de Santiago que nos ensinaran a xogar a este xogo tan noso e que ata non hai moitos anos tamén se xogaba na Casa da Parra da Praza de Vigo. Casa na que hai case 200 anos naceu Rosalía de Castro.

22 de Febreiro do 2019
Pequenos e maiores rinden homenaxe a Rosalía
Dentro do programa de actos cos que queremos celebrar o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro na casona que existía na actual Praza de Vigo, dende Raigame invitamos aos colexíos CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Conxo e San Xosé de Cluny do Ensanche á lectura de poemas de Rosalía na Praza de Vigo en compaña da Asociación AGADEA que lle porá voz ás imaxes que lembran os nosos maiores deste emblemático lugar.

26 de Febreiro do 2018
Aniversario de Rosalía de Castro 2018
"Tal e como informamos hai uns días, o pasado sábado 24 de febreiro do 2018, a Asociación de Veciños Raigame celebrou, na céntrica Praza de Vigo, un íntimo acto no que se conmemoraría o nacemento de Rosalía de Castro neste recuncho da cidade e se rendiría unha pequena pero sentida homenaxe a esta nosa ilustre e luminosa musa das letras"

23 de Febreiro do 2018
As raigames do Ensanche
"De seguro que o noso barrio do Ensanche non acadaría premio algún de arquitectura e, posiblemente, tampouco de urbanismo. Un arrabalde trazado e feito "a cordel" como diría un coñecido arquitecto picheleiro"

16 de Febreiro do 2018
"O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela quere darlle a benvida á primavera facendo unha homenaxe ás nosas árbores, a eses seres vivos silenciosos que ademais de froitos, cores e recendos, bríndannos o osíxeno que precisamos para vivir"
18 de Setembro de 2017
"Outro ano máis, os veciños do Ensanche compostelán teremos o enorme pracer de volver a conmemorar os máis de 55 anos de vida do noso barrio. E celebrarémolo como os dous anos anteriores; por todo o alto!"
2 de Maio do 2017
"O CIAC vén de presentar unha interesante programación de actividades para este mes de maio, entre as que cabe destacar o xa tradicional roteiro, desta volta polas Brañas do Sar, amais dunha exposición temporal sobre “A Contaminación Luminosa” e unha xornada de divulgación sobre esta problemática ambiental"
7 de Febreiro do 2017
"O CIAC vén de presentar unha interesante programación de actividades para este mes de febreiro, entre as que cabe destacar un obradoiro de compostaxe doméstica e un roteiro polo Parque de Belvís"
18 de Decembro do 2016
Este Nadal agardámosvos no Ensanche!
"Veciños e comerciantes do Ensanche, froito do esforzo e da colaboración entre a AAVV Raigame e Santiago Centro Área Comercial, estamos a unir forzas a prol de engalanar e dinamizar o noso barrio nestas datas de Nadal"
26 de Setembro do 2016
Festa dos "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche"
"Logo duns cantos meses de duro traballo organizativo en colaboración coa Fundación Santiago Centro, Panxea Comercio Xusto, EmRede, Santiago Futsal e o Concello de Santiago, comprácenos convidarvos a unha gran festa que celebraremos o vindeiro sábado día 1 de Outubro nas diferentes rúas do noso barrio; os 56 anos de vida do Ensanche compostelán"
5 de Maio do 2016
ART&ECO, dous mercados simultáneos nas Festas da Ascensión 2016
"Este evento, promovido pola Fundación Santiago Centro Área Comercial en colaboración coa APEGA e coa Cesta da Saúde, trata de aunar simultaneamente dous mercados diferentes; unha Mostra de Artesanía e unha Feira Ecolóxica Labrega"

24 de Marzo do 2016
"A Rede Municipal de CSCs está a organizar una excurión a Pobra de Sanabria para o vindeiro día 10 de abril do 2016"
7 de Febreiro do 2016
"Dende a Asociación de Veciñ@s Raigame queremos informar á veciñanza de que, con motivo das obras de humanización que se están a levar a cabo na Rúa Montero Ríos, o Concello de Santiago instalou unha caseta de información na Costa da Camelia que pretende ser un punto de atención ós veciños do Ensanche"
18 de Xaneiro do 2016
"Hoxe luns, día 18 de xaneiro do 2016, deron comezo as obras na Rúa Montero Ríos, e fixérono na intersección onde se xuntan a Rúa Nova de Abaixo, a Rapa da Folla e Montero Ríos"
15 de Decembro de 2015
"Arranca o Nadal 2015 en Compostela cun total de 218 actividades, para grandes e pequenos, que se espallarán polos distintos barrios e parroquias da cidade durante estas datas"
4 de Novembro de 2015
"Este sábado día 7 de novembro do 2015, as castañas volverán a ser as verdadeiras protagonistas na Praza Roxa compostelá, que acollerá un dos festexos máis tradicionais do noso país; o magosto"
13 de Setembro de 2015
"Tal e como viñemos informando, un activo grupo de comerciantes, veciños i entidades sociais de Compostela están a artellar unha feira do comercio e unha gran festa de conmemoración dos 55 anos do Ensanche, que terá lugar o vindeiro sábado día 26 de setembro na contorna das Casas de Ramírez"
18 de Xullo de 2015
"Un activo grupo de veciños e membros da Asociación Veciñal Reigame están a organizar unha gran festa para conmemorar os 55 anos da construción das Casas de Ramírez en Santiago de Compostela"
22 de Xuño de 2015
"A Asociación Veciñal A Xuntanza, coa colaboración da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro, está a organizar o Espazo Cidadán, un foro que terá lugar o vindeiro sábado 27 de xuño e que pretende ser un espazo aberto á conversa entre a cidadanía a través de mesas redondas, micros abertos..."
27 de Abril de 2015
"A Fundación Santiago Centro Área Comercial está a preparar unha gran festa do comercio baixo o título “A primavera o Ensanche altera”, coa finalidade de atraer clientes ós comercios da contorna do Ensanche e incrementar as súas vendas"
16 de Marzo de 2015
"Agustín Hernández comunicou que a rúa será parcialmente peonalizada, que negociará coas concesionarias dos aparcadoiros públicos para mellorar o sistema de pago e incorporar bonificacións que favorezan o comercio local e que estaba estudando a construción dun aparcadoiro na Avenida da Coruña"
20 de Febreiro de 2015
"Mañá sábado, día 21 de febreiro, celebrarase unha feira na Rúa Ramón Cabanillas que contará con diferentes actuacións (contacontos, dúo musical e demostracións de educación canina) e descontos especiais nos comercios da zona"
15 de Febreiro de 2015
"O propósito desta actividade, que deu comezo onte e que se celebrará durante os vindeiros días 21 e 28 de febreiro; 7, 14, 21 e 28 de marzo e 11, 18, 25 de abril, é o de dar a coñecer á sociedade galega este novo pulmón verde da cidade, explicar as accións que se están a desenvolver, e rematar a xornada plantando unha árbore"
23 de Xaneiro de 2015
"Froito do diálogo mantido nesta última xuntanza, o Alcalde comprometeuse a analizar as propostas presentadas e a procurar unha solución alternativa ó proxecto inicial sen renunciar a “humanizar” e suprimir o tráfico desta zona"
21 de Xaneiro de 2015
"Para impedir que se realicen estas obras, que xa deron comezo e que suprimen prazas de aparcamento sen ofrecer solucións ó problema que temos na cidade, dende a Fundación Santiago Centro Área Comercial e a Asociación de Veciños Raigame, estamos a recadar firmas de apoio da cidadanía a través da internet, no portelo web de Change.org, e tamén de xeito físico nos comercios da zona"
13 de Xaneiro de 2015
"Diversas persoas e colectivos do barrio compostelán do Castiñeiriño, co apoio incondicional da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche, estamos a preparar unha homenaxe a Vivencio Freire Dapena, - eximio veciño -, como recoñecemento e amizade polos moitos anos de servizo a Compostela. O acto, aberto a toda a cidadanía, terá lugar o vindeiro sábado día 17 de xaneiro a partires das 12:00h da mañá no Centro S.C. "Agustín Bueno" do Castiñeiriño"
23 de Decembro de 2014
"Dende a Asociación Veciñal Raigame queremos mostrar o noso apoio e solidariedade á Plataforma Víctimas Alvia 04155, que representa ás vítimas e familiares do accidente ferroviario ocorrido o pasado 24 de xullo de 2013 nas inmediacións da parroquia compostelá de Angrois, e que están a recadar fondos para a produción dun documental totalmente independente que conte a verdade e a realidade desta traxedia"
26 de Novembro de 2014
"Hoxe, mércores día 26 de novembro de 2014, comeza a Feira do Outono na Rúa Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela. A feira, promovida polos comercios da devandita rúa compostelá, contará con numerosas actividades a pé de rúa, tal que obradoiros para cativos, desfiles de moda, orquestra, pasarrúas, e todo tipo de descontos especiais e agasallos nos diferentes comercios da zona"
8 de Novembro de 2014
"O vindeiro sábado día 22 de novembro, o Museo de Antropoloxía e Etnografía da Fundación Sotelo Blanco, sito en San Marcos Nº 77, abrirá as súas portas a todas aquelas persoas e grupos organizados que desexen coñecer o xeito de vivir dos nosos antergos e descubrir o auténtico tesouro que custodia esta fundación"
30 de Outubro de 2014
"O Centro de Interpretación Ambiental do Concello de Compostela (CIAC), sito no Parque de Belvís, está a enviar unha breve enquisa ás Asociacións de Veciñas e Veciños de Santiago de Compostela para realizar unha sondaxe sobre as inquedanzas da veciñanza encol do Medio Ambiente na cidade"
29 de Outubro de 2014
"A Fundación Santiago Centro está a promover unhas xornadas formativas en eficiencia enerxética, para tratar de apoiar o comercio e a pequena empresa, e que van dirixidas a todo tipo de empresarios, consumidores e veciños"
17 de Xuño de 2014
"Hoxe día 17 de xuño de 2014, co gallo da celebración do San Xoán, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche vén de acoller unha interesante charla sobre “Todo o que tes que saber do San Xoán”, a noite máis máxica do ano".
19 de Maio de 2014
"Os obxectivos deste obradoiro, que se celebrará entre o 23 de xuño e o 18 de xullo de 2014 en horario de 09:00h a 14:30h, serán os de achegar ós máis cativos a cultura gastronómica e “crear unha conciencia de alimentación sa e saudable afondando en todos aqueles elementos que teñen que ver coa alimentación”.
19 de Maio de 2014
"Este pasado domingo 18 de maio de 2014, a Asociación Veciñal As Marías vén de organizar unha interesante actividade familiar, lúdica e didáctica, baixo o nome de “Tras a pista das Gárgolas”.
14 de Maio de 2014
"Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano 2014 homenaxeará a figura do finado poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, dende a Asociación de Veciños Raigame queremos achegar unha ligazón ó Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido e resoará con forza nas mobilizacións que terán lugar en oito cidades galegas o vindeiro sábado 17 de maio a iso das 12 da mañá".
5 de Maio de 2013
"Esta mostra pretende achegarnos á historia da cidade a través de antigas fotografías, todas elas realizadas antes do ano 1965 e cedidas por diversas persoas e colectivos, entre eles, a Asociación de Veciños Raigame".
8 de Abril de 2014
"Terá lugar os días 9, 11 e 16 de maio do presente ano 2014 na Facultade de Formación do Profesorado, na Avenida de Ramón Ferreiro de Lugo. O curso, dunhas 14 horas, será impartido polo fotógrafo e profesor Andrés Fraga".
31 de Marzo de 2014
"A Asociación Veciñal As Marías vén de estrear, o pasado 27 de marzo en A Kalimera Rádio Livre, "RadioMarías", un programa de radio que nace para contarnos "as novidades do barrio e compartir os saberes da súa xente".
31 de Marzo de 2014
"Dende a Asociación de Veciños Raigame queremos solidarizarnos cos veciños afectados de Galeras e mostrar o noso apoio ás reivindicacións e movilizacións que se opoñen á privatización do parque e á consecuente perda dunha importante zona verde da cidade e dun ben público e común".
26 de Marzo de 2014
"As cotas poderán abonarse no Centro Socio Cultural O Ensanche, na Rúa Frei Rosendo Salvado, Nº 14, e no seguinte horario: Martes 18 e Martes 25 de Marzo e Xoves 3, Xoves 10 e Xoves 24 de Abril"
Ningún comentario:
Publicar un comentario