Dende AV Raigame consideramos que calquera actuación de humanización destes espazos debe contemplar os seguintes puntos:
1) Consideramos necesario realizar un Plan Integral de Mobilidade actualizado da cidade previo a calquera actuación urbanística e de humanización xa que calquera intervención sobre o tráfico rodado nun punto vai repercutir noutros puntos da cidade.
Hai que ter en conta a cantidade de persoas que por mor das políticas urbanísticas aplicadas na nosa cidade nas últimas décadas, esta ocasionara que moitas persoas fixaran a súa residencia nos concellos limítrofes e que por motivos laborais e persoais se desplazan á cidade en vehículo privado ante a ausencia dun transporte urbano e interurbano eficaz.
2) Elaborar un estudo previo da situación actual dos fluxos de tráfico nas rúas Santiago de Chile e Praza de Vigo así como o impacto que a modificación destes fluxos vai ter no tráfico rodado da cidade, do Ensanche, na veciñanza e no comercio local.
Debemos ter en conta cal é a cantidade de vehículos "de paso" que circulan por estas zonas e establecer alternativas viables antes de calquera actuación.
3) Ante a eliminación proposta de 170 prazas de aparcamento, consideramos necesaria a municipalizacion previa dos aparcamentos soterrados de propiedade municipal da Praza de Vigo e Praza de Galicia así como a realización das obras necesarias para adecualos ás demandas de accesibilidade actuais.
Tamén cremos necesario o establecementos de convenios co aparcamento de propiedade municipal da rúa de Romero Donallo coa fin de que permita o aparcamento da veciñanza empadroada que non dispón de praza privadas nos seus edificios, das persoas traballadoras e da clientela.
4) Supresión inmediata da parada provisional dos autobuses interurbanos existente na rúa de A Rosa que dificultan e colapsan o tráfico nesta zona e supoñen un serio inconvinte á veciñanza dos primeiros portais.
5) No canto do anteproxecto anunciado, propoñemos que, si ben se amplíen as beirarrúas da rúa Santiago de Chile a conta do espazo hoxe destinado a aparcamento, se eliminen as barreiras arquitectónicas, se dote a rúa de máis espazos verdes e os cruces sexan de preferencia peonil, tamén se dispoña de dous carrís de circulación onde un deles sexa destinado a carril de servizo para zonas de carga e descarga, paradas de autobús urbano e aparcamento exprés seguindo o modelo do primeiro tramo da rúa de A Rosa.
6) A proposta de colectores de lixo en superficie non nos parece a mellor solución dados os problemas contínuos de insalubridade que padecemos debido aos desbordes contínuos dos colectores existentes na actualidade.
7) Propoñemos unha intervención artística e urbanística na Praza de Vigo que dignifique o lugar de nacemento de Rosalía de Castro. Dita proposta foi realizada hai 2 anos conxuntamente por AV RAIGAME e a Fundación Rosalía de Castro sen que ata o momento tivéramos resposta nin se contemplara no anteproxecto proposto.





