Imaxe: arteeco.es |
Este ano, co
gallo das Festas da Ascensión 2016, os veciños de Santiago e da súa comarca,
así como os moitos visitantes que por estas datas se achegan á capital, terán a
oportunidade de gozar coas moitas actividades que xa se están a desenrolar
polas rúas da cidade e que se suman á xa tradicional e variada oferta de ocio que
de por si brindan estas festas.
Desta volta,
dende a Asociación Veciñal Raigame queremos apoiar e compartir con todos vós as
diferentes iniciativas privadas, coa colaboración municipal, que se levarán a
cabo nas rúas do Ensanche dende o día 5 até o día 8 do presente mes de maio con
motivo do Mercado ART&ECO. Este evento, promovido pola Fundación Santiago
Centro Área Comercial en colaboración coa APEGA e coa
Cesta da Saúde, trata de aunar simultaneamente dous mercados diferentes; unha Mostra
de Artesanía e unha Feira Ecolóxica Labrega.
Así pois,
animámosvos a que entredes na páxina do Mercado ART&ECO, onde poderedes
atopar toda a información necesaria referente a este evento, premendo na seguinte
ligazón:
Boas Festas da
Ascensión 2016 para tod@s!