A veciñanza da Zona Nova compostelá espertou estes días atrás coa nova da próxima apertura dun Casino nunha zona saturada deste tipo de negocios xa que existe outro a 70,33 metros, un centro de ensinanza na Praza de Vigo e próximo tamén ao centro público Eduardo PoNdal. A Lei 3/2023, de 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia prohibe a apertura de calquera establecemento de xogo situado a unha distancia menor de 300 metros radiais de calquera outro xa autorizado ou a centros educativos
Solicitado acceso á licenza, observamos que se trata da mesma empresa que tiña proxectado abrir un casino nos baixos do Hotel Araguaney e que finalmente non obtivo licenza.
A Xunta de Galicia ten as competencias para outorgar ou rechazar este tipo de licenzas. Preguntámonos como é posible que se autorizase esta licenza autonómica tendo en conta a proximidade a centros de ensino e a outros establecementos adicados ao xogo.
AV Raigame ten formuladas varias denuncias antes Disciplina Urbanística e tentaremos evitar este tipo de establecementos que tanto dano ocasionan á saúde dos menores coma á dos adultos e nunha zona xa de por si saturada de outro tipo de problemas.
1 comentario:
Increíble pero cierto, llevan una semana trabajando desde la mañana a la noche. Una zona donde hay un montón de estudiantes universitarios y de institutos y se conceden licencias así a la ligera. Espero que desde el ayuntamiento se tomen las medidas oportunas. Al final entre unas cosas y otras nos expulsan del centro. Ánimo RAIGAME!!
Publicar un comentario