6 de xuño de 2024

Como facer ante problemas de ruídos e convivencia?

Podemos actuar de dúas maneiras dependendo de si a reclamación a fai unha persoa ou unha Comunidade de Propietarios.

1° A Comunidade de Propietarios pode actuar contra un inmoble do propio edificio ben sexa un baixo ou un piso en base ao artigo 7.2 da Lei de División Horizontal requerindo ao propietario para que cese a actividade que ben causando molestias. 
Se este apercibimento non causa efecto, acto seguido debe aprobarse en Asamblea Xeral por maioría simple o inicio de accións legais para o cal deberá consultar co servizo xurídico da súa Comunidade. Debe saber que os gastos deste proceso seguramente estén cubertos polo seguro que a Comunidade de Propietarios teña xa contratado.

2° Toda persoa PODE e DEBE presentar denuncia ante o departamento de Disciplina Urbanística independentemente de se chama a Policía Local. Pode facelo ben a través da Sede Electrónica do Concello para o cal precisará de certificado electrónico (ver vídeo máis abaixo) ben presencialmente nas oficinas que o Concello ten en Galeras.
É MOI IMPORTANTE presentar denuncia para que quede constancia do problema e así poder dispoñer dunha medición homologada que certique a magnitude da molestia que padece no seu domicilio.

3° Toda persoa que padeza problemas de ruídos no seu domicilio debe acudir ao seu médico e manifestar o problema que ten. Debe quedar constancia no seu historial médico. É MOI IMPORTANTE este informe xa que nun proceso xudicial ten moito peso o dereito ao descanso e a inviolabilidade do seu domicilio.

Poden contactar coa Asociación Veciñal Raigame para calquera aclaración ou dúbida no email: aavvraigame@gmail.com.



Ningún comentario: