Foto: CC BY-SA Praza Pública |
A comezos do pasado mes febreiro, veciños do barrio compostelán de Galeras abrían na rede social Facebook o grupo "Querémoslle ao Parque de Galeras", que responde a unha "Iniciativa de asociacións veciñais afectadas pola usurpación do espacio público do Parque de Galeras para construcción de un acceso a aparcamento privado".
Dende a Asociación de Veciños Raigame queremos solidarizarnos cos veciños afectados de Galeras e mostrar o noso apoio ás reivindicacións e movilizacións que se opoñen á privatización do parque e á consecuente perda dunha importante zona verde da cidade e dun ben público e común.
Máis información:
- Vecinos de Galeras protestan a gritos de "otro Gamonal" (Europa Press, 08/02/14)
- Galeras: o parking contra o parque (Praza Pública, 08/02/14)
- A veciñanza dun barrio de Compostela revóltase contra a 'privatización' dun parque público (Sermos Galiza, 08/02/14)
Ningún comentario:
Publicar un comentario