Venres 22 de febreiro de 2019, ás 12 da mañá.
Achégase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no lugar que antes foran predios do antigo Concello de Coxo e hoxe é a actual Praza de Vigo no Ensanche compostelán.
Achégase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no lugar que antes foran predios do antigo Concello de Coxo e hoxe é a actual Praza de Vigo no Ensanche compostelán.
Será unha data que imos celebrar como ben merece Rosalía.
Alí darémonos cita, este venres 22 de febreiro ás 12 da mañá, o alumnado de primaria dos colexios CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios e San Xosé de Cluny para lle rendir homenaxe a Rosalía coa lectura dalgúns dos seus poemas. Acompañaranos tamén a Asociación AGADEA que lle porá voz ás lembrazas que os nosos maiores teñen da antiga casa na que naceu a escritora.
Casa natal de Rosalía no Camiño Novo. Conxo 1917. Actual Praza de Vigo |
Alí darémonos cita, este venres 22 de febreiro ás 12 da mañá, o alumnado de primaria dos colexios CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios e San Xosé de Cluny para lle rendir homenaxe a Rosalía coa lectura dalgúns dos seus poemas. Acompañaranos tamén a Asociación AGADEA que lle porá voz ás lembrazas que os nosos maiores teñen da antiga casa na que naceu a escritora.
Como arrancadeira desta celebración e aproveitando a visita a Compostela de María Xesús Lama, premio Nacional de Ensaio 2018, o sábado 26 de xaneiro ás 12 da mañá no Centro Cívico do Ensanche falaranos das súas achegas á biografía da nosa escritora como muller comprometida.
Falaranos de Rosalía de Castro e do seu lugar de nacemento. Pero tamén nos dirá que foi unha muller comprometida coa sociedade do seu tempo, independente e defensora da liberdade, da igualdade e da xustiza social. Aspectos novidosos da súa figura e que constitúen as achegas máis importantes que María Xesús Lama fai no seu libro "Rosalía de Castro. Cantos de Independencia e Liberdade". Libro que a fixo merecedora do "Premio Fervenzas Literarias 2017" e do Premio Nacional de Ensaio 2018.
O luns 28 de xaneiro visitará os colexios CPR Plurilingüe San Xosé de Cluny e o CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios. Falaralle ao alumnado da figura de Rosalía de Castro e do seu lugar de nacemento para que despois fagan un traballo didáctico que rematará o venres 22 de febreiro coa lectura pública de varios dos seus poemas diante do monolito que conmemora o seu nacemento a carón da Praza de Vigo.
María Xesús Lama (Lugo 1964) estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica
na USC. Doctora pola Universidade de Barcelona no 2002, na actualidade é profesora titular de Literatura Galega nesta Universiade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario