Coincidindo coa Festa da Zona Nova 2019, Raigame organiza o Torneo de Xadrez das Cinco Sedes 2019 en varios locais da cidade. A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro e final o sábado 28 de setembro na Praza Roxa. Ese mesmo día tamén terán lugar partidas simultáneas frente a un Mestre Internacional IM.
As Sedes participantes este ano 2019 son: Café Bar A Rosaleda, Café Bar Piñón (Conxo), Cantina Galopín, Centro Cívico O Ensanche e Escondi T.
Cada unha das persoas gañadoras en cada Sede recibirán cadanseu agasallo de parte do local anfitrión.
Inscricións: entre o xoves 19 e o luns 21 no email: aavvraigame@gmail.com.
Ningún comentario:
Publicar un comentario