Se estás só/soa ou non podes saír de casa, chámame porque gustaríame axudarche a:
- Levarche algo a casa. Facerche a compra ou ir á farmacia.
- Xestionar o transporte aos servizos médicos ou acompañarte.
- Baixar o lixo.
- Solucionar dúbidas ou simplemente conversar.
- Non debo achegarme a menos de 2 metros
Tes unha veciña ou veciño moi preto de ti que che pode botar unha man.
Se queres ser voluntari@, por favor, escribe ao email: aavvraigame@gmail.com enviando nome, telf móvil e rúa na que vives. Despois formarás parte do grupo de whatsapp AXÚDOTE e recibirás ás instrucións dun médico de atención primaria que che explicará como debes proceder. Neste grupo poderás compartir as dúbidas que che surxan e entre tod@s che axudaremos a solucionalas.
*********************************************************************************
Carta de presentación para voluntari@s
*********************************************************************************
Información oficial do SERGAS sobre o coronavirus
*********************************************************************************
Tod@s @s voluntari@s que queirades participar podedes colocar o seguinte cartel nos vosos portais, portais dos lados, farmacia ou tenda de barrio. Trátase de EVITAR DESPRAZAMENTOS e actuar a nivel de veciñ@s.
*********************************************************************************
Protocolo de actuación da Rede Voluntaria "AXÚDOCHE"
A continuación exponse o protocolo de actuación da Rede Voluntaria "AXÚDOCHE" en dous supostos posibles: atención telefónica e realización de recados ou compras. Para calquera outro suposto, pregamos consultedes ben a través do propio grupo de whatsapp ben nos seguintes teléfonos:
- SERVIZO MÉDICO: Jesús Sueiro Justel. nº colexiado: 15/5.556. Telf: 609547147
- SERVIZO PSICOLÓXICO: Miguel Pérez Illodo. nº colexiado: G-06193. Telf.: 619208011
- SERVIZO ADMINISTRATIVO: Xosé Manuel Durán Orús. Presidente de AVV RAIGAME. Telf.: 607947795
- Email: aavvraigame@gmail.com
- Cruz Vermella: 900104971
- Teléfono de información para cidadáns sobre coronavirus: 900400116 (non chamar 061)
- Teléfono emerxencia grave: 061
- Teléfono de atención social do Concello de Santiago: 010
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DE MÍNIMOS
REDE VOLUNTARIA AXÚDOCHE?
Para cumplir as normas impostas polo actual Estado de Alarma, debemos ter moi presente que a nosa labor tendente a axudar cos MÍNIMOS desprazamentos e co mínimo risco para as persoas que imos axudar e para nós mesm@s.
1) Aproveitar que imos facer a nosa compra ou baixar o noso lixo para poñer o cartel no portal, na farmacia ou na tenda do barrio e explicar ás persoas que nos atenden en que consiste a nosa labor.
2) Indicar no cartel o noso nome e telf.
3) A partires dese momento o noso contacto coas persoas necesitadas será telefónico (sen contacto físico e sen saír da casa)
4) Canalizaremos as súas demandas actuando sempre co concepto de "MÍNIMOS". Mínimo contacto, mínimo desprazamento.
5) Estaremos moi atentos aos sinais de axuda e necesidade que poidamos percibir no noso vecindario.
6) Se fose preciso axudar nun recado ou nunha compra, farémolo de paso que facemos a nosa compra ou baixamos o noso lixo.
7) Se temos que facer desprazamentos máis aló do noso radio de movilidade habitual, utilizaremos esta rede voluntaria para pedir axuda a outr@s voluntari@s ou o sistema de voluntariado do Concello ou dos Servizos Sanitarios.
Por favor, lembra:
MÍNIMO CONTACTO,
MÍNIMO DESPRAZAMENTO
******************************************************************************
Iniciativa ciudadá para poñer en valor a produción local de alimentos frescos e o Comercio Local en colaboración coa Asociación NONéOMESMO
******************************************************************************
Iniciativa municipal para axudar ás persoas máis necesitadas a través do comercio local
******************************************************************************
Ningún comentario:
Publicar un comentario