O 27 de setembro de 1960, ao pé deste cruceiro, os propietarios das Casas de Ramírez recibiron as chaves das súas vivendas. Sesenta e un anos despois desde a Asociación de Veciños Raigame, en colaboración co Centro Socio Cultural O Ensanche, quixemos lembrar a efeméride, con Xaquín Mato e Agustín Pena representando á Asociación. O cruceiro é o segundo -máis é o orixinal do acto- logo de que o primeiro, inmortalizado por Rosalía, rematase instalado na praciña de San Fiz de Solovio.
Cruceiro de Ramírez que te ergues solitario
dos Agros na espranada, antre as rosas dos campos:
o sol da tarde pousa en ti o postreiro raio
coma nun alma triste pousa un soño dourado.
Algunha vez no estío, eu ó teu pe sentada
escoito silenciosa, mentras a tarde acaba;
baixo das pedras mudas, que teu secreto gardan,
maxino que resoa o brando son dun arpa,
¡música incomprensible que doutros mundos fala!
¡Tal de Memnón se oían ó amañecer na estatua
aqueles sons divinos que as almas encantaban!
(Rosalía de Castro, Follas Novas. 1880)
Ningún comentario:
Publicar un comentario