Convidámosvos á rolda de prensa na que se comunicará aos medios a celebración da Semana de Rosalía e os actos que durante esa semana terán lugar en Santiago de Compostela.
Ditos actos están organizados pola Asociación Veciñal RAIGAME coa colaboración da Fundación Rosalía e o patrocinio do Concello de Santiago de Compostela.
A citada rolda de prensa será o venres 18 de febreiro ás 11h no Centro Sociocultural do Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 16. A ela están convidados o Presidente da Fundación Rosalía de Castro, a Concelleira de Cultura do Concello de Santiago de Compostela, a Presidenta da Asociación EmRede, o Presidente da Asociación Comercio.Compostela, o Presidente da Asociación Hostalería.gal, o Presidente da Asociación de Hostelería Compostela e o Presidente da Asociación Raigame.
PROGRAMA:
- Mércores día 23 ás 11H na Praza de Vigo (lugar de nacemento de Rosalía de Castro) acontecerá a ofrenda floral a Rosalía e a lectura coral de poemas de Rosalía por parte dos escolares dos colexios Quiroga Palacios e Cluny.
- Agasallo de marcapáxinas, pousavasos e portatikets cun poema de Rosalía por parte do comercio local e establecementos de hostalería a todos os seus clientes. Isto terá lugar en 105 establecementos asociados a Asociación Comercio.Compostela, EmRede, Hostalería.gal e Hostelería Compostela. Do 21 ao 27 de febreiro.
- Ofrecemento do Caldo de Gloria ben como tapa ben como oferta do menu por parte de 36 establecementos asociados as Asociacións Hostalería.gal e Hostelería Compostela. Do 21 ao 27 de febreiro. Para ver detalles da oferta e establecementos participantes: consultar as webs das distintas Asociacións de Hostalería.
Apertas Rosalianas
AVV RAIGAME
Ningún comentario:
Publicar un comentario