www.queremosgalego.org |
Co gallo da
celebración do Día das Letras Galegas, que este ano 2014 homenaxeará a figura
do finado poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, dende a Asociación de
Veciños Raigame queremos achegar unha ligazón ó Manifesto “Un paso adiante e
mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido e
resoará con forza nas mobilizacións que terán lugar en oito cidades galegas o
vindeiro sábado 17 de maio a iso das 12 da mañá. Para ler o manifesto, preme na
seguinte ligazón:
Aproveitamos
tamén para informar dos emprazamentos onde terán lugar as mobilizacións
promovidas pola Plataforma Queremos Galego!:
- A Coruña: A carón do Teatro Rosalia de Castro (confluencia das rúas Real e Rego de Auga)
- Ferrol: Praza de Armas
- Foz: Praza do Conde de Fontao
- Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes)
- Ourense: Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor)
- Pontevedra: Praza da Peregrina
- Santiago de Compostela: Porta Faxeira
- Vigo: Manifestación con saída de Vía Norte
Deixámosvos cun
duro pero fermoso poema de Xosé María Díaz Castro e desexámosvos que gocedes
deste 17 de maio, deste noso Día das Letras Galegas 2014:
“Un paso adiante i outro
atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva;
pro
tí envólveste en sabas de mil anos
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron: Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús-María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o
Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!”
Xosé María Díaz
Castro, Nimbos
Ningún comentario:
Publicar un comentario