Mañá día 6 de maio, a partires das 20:00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural O Ensanche, -na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16-, o acto de inauguración da Exposición “Compostela Única”. Esta mostra, promovida polo Ateneo de Santiago, pretende achegarnos á historia da cidade a través de antigas fotografías, todas elas realizadas antes do ano 1965 e cedidas por diversas persoas e colectivos, entre eles, a Asociación de Veciños Raigame. A exposición componse dunhas 200 imaxes organizadas en oito temas principais:
- Compostela pedra a pedra
- Universidade, ensino e cultura
- A Igrexa e o Camiño de Santiago
- Oficios, obradoiros e actividade comercial
- Fotografías de Autor
- A sociedade compostelá
- Deportes
- Festas e romerías.
O acto de inauguración correrá a cargo de Antón Porteiro, membro da Xunta Directiva do Ateneo de Santiago e de José Manuel Ortigueira, Comisario da exposición. A mostra estará aberta até o vindeiro venres 16 de maio do presente ano 2014.
Para a Asociación de Veciños Raigame é unha honra colaborar co Ateneo e co Concello de Santiago na difusión do patrimonio cultural compostelán.
Máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario