Este pasado domingo 18 de maio de 2014, a Asociación Veciñal As Marías vén de organizar unha interesante actividade familiar, lúdica e didáctica, baixo o nome de “Tras a pista das Gárgolas”. Este “xogo de pistas” deu comezo ás seis do serán na Praza de San Martiño Pinario. Participaron @s máis grandes e pequen@s da casa, que gozaron de percorrer a cidade ollando as abondosas gárgolas compostelás “na procura dun tesouro”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario