22 de xuño de 2024

APOIO Á REGULACIÓN DAS VUT

Apoio á ordenanza para a regulación das VUT Ante a celebración do Pleno deste luns no que se pretende aprobar a ordenanza sobre as VUT, Dende a Asociación Veciñal Raigame queremos manifestar o noso apoio á plataforma PREVITUGA e desexamos que os grupos políticos municipais antepoñan os intereses da cidade e da maioría da cidadanía ante os intereses dun reducido grupo de persoas que só miran para o seu sen importarlles o dano que causan ao presente e futuro de moitas familias que ven como teñen que irse a outros concellos para poder acceder a unha vivenda.

1 comentario:

Anónimo dixo...

E de vergonza pagar o que se paga por un alquiler en Santiago 1100 1200 euros por un piso. Así compensa alquilalo e ir a vivir a un chalet as aforas. E así vives gratis. En Santiago centro só quedan estudiantes e outras cousas. E catro parvos coma min aguantando festas, ruidos e demais…SOS SCQ CENTRO