2 de xaneiro de 2026

Pechas as tendas e abren negocios de apostas: casualidade ou síntoma?

 



Hai uns meses o presidente da UPTA Unión de Profesionais, Traballadoras e Traballadores Autónomos alertaba moi seriamente das consecuencias do peche de máis de 100 tendas nos últimos 17 meses en Santiago de Compostela, a un ritmo de máis dunha tenda ao mes. Este decembro de 2025 dixeron adeus dúas tendas máis nas rúas Xeneral Pardiñas e República do Salvador, o que parece ser unha tendencia moi preocupante con consecuencias dramáticas non só para os profesionais, que deben buscar outro sustento económico, se non para toda a cidade.

Pero os males nunca veñen solos, e coma se dunha casualidade macabra se tratara, ao ritmo que pechan as tendas do comercio local van abrindo negocios de apostas e xogos online ocultándose incluso detrás de licenzas de cafetarías.

Pero non é casualidade que nos últimos meses aumentarán este tipo de negocios, precisamente na parte da Zona Nova onde os baixos son máis baratos -segunda liña, que din as axencias inmobiliarias- e máis baixos baleiros hai.

Así é que hoxe temos 9 negocios de apostas no Ensanche compostelán e 7 negocios de compra de ouro. Todo un síntoma do nivel de renda deste barrio e de toda a cidade. Temos 100000 habitantes pero máis pobres, e a pobreza leva consigo a marxinalidade. Creo que a veciñanza e o comercio local están a padecer xa as súas consecuencias.

Ningún comentario: