RAIGAME acompañou ao Alcalde Martiño Noriega, ao Concelleiro Rafael Peña e ao técnico municipal durante a visita que realizaron ás obras da Avd de Vilagarcía.
Interesámonos pola situación das obras e poidemos comprobar que transcurrían según o previsto esperando rematen antes do Nadal.
Temos o compromiso que o monolito que conmemora o nacemento de Rosalía de Castro quede fora do peche do parque infantil e poida ser admirado pola veciñanza e persoas que nos visiten.
4 de setembro de 2018
14 de agosto de 2018
É A ORA DO ENSANCHE
É A ORA DO ENSANCHE
Dende a AVV RAIGAME estamos preocupados polas novas que últimamente están aparecendo na prensa sobre o aparcamento en zona ORA no Ensanche.Preocúpanos a imaxe que se está a dar do noso barrio e polo dano que esta pode ocasionar ao comercio e servizos do Ensanche.Entendemos que se trata dunha polémica artificial que pode interesar a empresas privadas con intereses na xestión da ORA pero non á ciudadanía.O Ensanche dispón de máis dunha decena de parkings privados con numerosas prazas pero con prezos altos. Ben sabemos o beneficio que trouxo a xestión privada dos parkings feitos en terreo público.
Cremos imprescindible a municipalización do servizo da ORA.Entendemos moi positivo para o comercio e hostalería do Ensanche a rotación das prazas de aparcamento.Cremos necesario habilitar zonas para aparcamento de longa duración tanto na zona do Campus Sur como na Pontepedriña.
Así mesmo cremos necesario estudar fórmulas que supoñan o abaratamento do servizo ás persoas que traballen no Ensanche, clientes e estudantes.Agradecemos o esforzo municipal por axudar ao comercio do Ensanche para ofertar descontos nos parkings privados aos clientes que nos visiten, como así foi o compromiso coa asociación de comercio do Ensanche.AVV RAIGAME
15 de xullo de 2018
Un Futuro para o noso Ensanche
Un futuro para o noso ENSANCHE
Co ánimo de sumar esforzos, a Asociación RAIGAME asume a responsabilidade de dar voz a toda a veciñanza presente no noso barrio para así elaborar un Futuro para todo O Ensanche.
Unha folla de ruta que nos conduza a un barrio no que sentirse ben. Un barrio limpo e saudable. Agarimoso con quen nos visite e no que todas as persoas que nel vivimos e que nel traballamos nos sintamos orgullosas de pertencer a el.
AVV RAIGAME
Co ánimo de sumar esforzos, a Asociación RAIGAME asume a responsabilidade de dar voz a toda a veciñanza presente no noso barrio para así elaborar un Futuro para todo O Ensanche.
Unha folla de ruta que nos conduza a un barrio no que sentirse ben. Un barrio limpo e saudable. Agarimoso con quen nos visite e no que todas as persoas que nel vivimos e que nel traballamos nos sintamos orgullosas de pertencer a el.
AVV RAIGAME
26 de febreiro de 2018
Aniversario de Rosalía de Castro 2018
Tal e como informamos hai uns días, o pasado sábado 24 de febreiro do 2018, a Asociación de Veciños Raigame celebrou, na céntrica Praza de Vigo, un íntimo acto no que se conmemoraría o nacemento de Rosalía de Castro neste recuncho da cidade e se rendiría unha pequena pero sentida homenaxe a esta nosa ilustre e luminosa musa das letras. Deseguido achéganse o texto íntegro da Asociación de Veciños Raigame e unha pequena mostra fotográfica do acto:
"Din que os ingleses conservan a casa natal de Shakespeare pero aquí estas cousas non se levan. Nin sequera Cervantes tivo esa honra, xa que tivo que conformarse cunha copia. Cando aos nosos governantes lles deron a escoller entre cultura e coches, sempre escolleron a cultura do coche, e se non que lle lo pregunten ao edificio Castromil!!
Menos mal que aínda temos Catedral e Obradoiro. Ben seguro que a alguén se lle pasou pola cabeza un parking debaixo delas!!!
Hoxe estamos aquí para dar luz sobre un tesouro do noso Ensanche e que tamén forma parte das nosas Raigames.
Tal día como hoxe, hai 181 anos, aquí naceu Rosalía de Castro -nai da literatura galega- na Casa da Parra do Agro das Barreiras, no recén nacido Concello de Conxo.
Estas son as nosas Raigames, as que debemos cultivar e regar diariamente. Porque xa se sabe o que sucede cando a unha árbore lle cortan as súas Raigames.
Parabéns a toda a cidadanía do Ensanche neste fermoso día de febreiro"
Asociación de Veciños Raigame
Febreiro, 2018
23 de febreiro de 2018
As Raigames do Ensanche
De seguro que o noso barrio do Ensanche non acadaría premio algún de arquitectura e, posiblemente, tampouco de urbanismo. Un arrabalde trazado e feito "a cordel" como diría un coñecido arquitecto picheleiro.
Probablemente foi a mestura explosiva de improvisación e especulación o que deu forma a este barrio no que agora vivimos e traballamos milleiros de persoas. Coma se dun ser vivo se tratara, cos seus anos ao lombo, cos seus achaques e doenzas, tentamos facerlle algunha operación de cirurxía, facerlle algún que outro transplante de tellas e algunha operación de cadeira, xa que moitos non podemos subir escaleiras.
Para milleiros de habitantes a nosa vida está aquí e aquí queremos que siga, polo tanto teremos que facer o que faga falla para que o barrio do Ensanche sexa o Santiago moderno que, xunto coa Compostela histórica, sume unha gran cidade dinámica e chea de vida. Para elo nada mellor que afondar nas nosas Raigames para coller pulo e encarar o futuro.
Porque, aínda que non o pareza, o Ensanche ten unhas fermosas Raigames que nunca se puxeron en valor. Unha delas é o lugar de nacemento da nosa Nai da literatura galega, aquela que –desde as beiras do Sar- lle cantou ao Cruceiro de Ramírez. Si, estamos a falar de Rosalía de Castro, que naceu un 24 de febreiro de 1837 nunha casa da Praza de Vigo, daquela era o concello de Conxo, como así tamén era a maioría da parte baixa do Ensanche.
Mañá sábado celebramos o aniversario do seu nacemento, e de nós depende que lle demos luz a este gran tesouro que temos no noso barrio.
Asociación de Veciños Raigame
Febreiro, 2018
Máis información:
O acto conmemorativo do Aniversario de Rosalía de Castro celebrarase mañá día 24 de febreiro ás 18:00h na Praza de Vigo. Asistirán, entre outros, Anxo Angueira da Fundación Rosalía de Castro, a Tenente Alcalde María Rozas e o noso Presidente, Xaquín Mato.
16 de febreiro de 2018
Programación do CIAC para o mes de marzo
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) quere darlle a benvida á primavera facendo unha homenaxe ás nosas árbores, a eses seres vivos silenciosos que ademais de froitos, cores e recendos, bríndannos o osíxeno que precisamos para vivir. A programación que vén de presentar o CIAC para este marzal destaca pola celebración do "Día da Árbore" cun obradoiro sobre recoñecemento das árbores para os máis pequenos, seguido dun interesante roteiro interpretativo baixo o lema “Coñecendo as árbores do Parque de Belvís":
Sábado 24 de marzo | Celebración do Día da Árbore
• Ás 11:30h | Obradoiro de Recoñecemento de Árbores:
Con este obradoiro o CIAC quere transmitir aos pequenos e pequenas da casa a importancia que teñen as árbores para o planeta, en xeral, e para os seres humanos, en particular, e iniciar o seu coñecemento e recoñecemento das diferentes árbores que podemos encontrar en Compostela, concretamente no parque de Belvís. Esta dirixido a nenos e nenas a partires de 6 anos.
Esta actividade é de balde pero é preciso inscribirse. Podelo facer por calquera dos seguinte medios:
- Teléfono: 981 54 31 45
- Ligazón: https://goo.gl/forms/Xq8iZXi1M0IieiCN2
.
• Ás 16:30h | Roteiro "Coñecendo as árbores do Parque de Belvís":
Os parques das cidades son sen dúbida un aspecto importantísimo para o medio ambiente e a calidade de vida da comunidade, onde se esconden unha grande biodiversidade, na que encontramos diferentes especies de árbores. Con este roteiro o CIAC pretende dar a coñecer máis profundamente as diferentes árbores que nos rodean e que vemos todos os días no Parque de Belvís, para saber diferencialas e ser conscientes da súa importancia. Está dirixido a todos os públicos (rapaces e rapazas a partires de 9 anos).
Esta actividade é de balde pero é preciso inscribirse. Podelo facer por calquera dos seguintes medios:
- Teléfono: 981 54 31 45
- Ligazón: https://goo.gl/forms/V9KzhNikUhrBF2Cb2
28 de setembro de 2017
O Alcalde presenta o cartel da terceira edición dos "Máis de 55 anos vivindo o Ensanche"
| Presentación da programación das Festas do Ensanche no Pazo de Raxoi. Foto: santiagodecompostela.gal |
O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado do noso Presidente de Raigame, Xaquín Mato; do Secretario de Santiago Centro, Delmiro Prieto e da Presidenta de Em-Rede, Eva López; vén de facer pública a programación da terceira edición das nosas festas; os “Máis de 55 anos vivindo o Ensanche”. No acto de presentación, que tería lugar onte día 26 de setembro no Pazo de Raxoi, o Alcalde amosaría a súa satisfacción pola consolidación da festa e remarcaría a importancia do traballo colectivo. Segundo Noriega, "un barrio organizado e os seus representantes traballando da man do Concello é unha garantía de éxito".
| De esquerda a dereita; Xaquín Mato, Eva López, Delmiro Prieto e o Alcalde de Santiago, Martiño Noriega. Foto: santiagodecompostela.gal |
A Presidenta de Em-Rede, Eva López, en referencia á celebración da III Festa do Comercio, destacou que este ano "foi preciso ampliar o número de postos previsto”, confirmándose un total de 40 establecementos. Aqueles adicados ó textil, ós complementos ou á zapatería, exhibirán unha pequena mostra dos seus produtos no desfile “Moda a pé de rúa”, que se celebrará o venres 29 ás 19:00 h na Praza Roxa.
Pola súa parte, Delmiro Prieto, anunciaría tamén a celebración dunha Marcha Ciclista que sairá o domingo día 1 de outubro da Praza Roxa e que promote consolidarse na programación das nosas festas. Segundo o Secretario de Santiago Centro, o tecido asociativo do Ensanche "quere ser partícipe do compromiso con outro modelo de mobilidade” e que esta nova actividade "sirva para concienciar aos condutores, pero tamén aos ciclistas, de cales deben ser as súas prácticas nas rúas para conseguir unha circulación máis segura".
Dende Raigame desexamos que todo este esforzo colectivo, tal e como tivo a ben sinalar o Alcalde, remate por ser“unha garantía de éxito”. Por terceiro ano consecutivo, desexámosvos a tod@s unhas boas Festas do Ensanche!
Máis información:
- Programación das Festas do Ensanche 2017 (Díptico en PDF)
- "A Festa do Ensanche consolídase e amplía ata tres os días de actividades" (www.santiagodecompostela.gal)
- Festa + 55 anos no Ensanche (Facebook)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





